Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO DEDICA Á MÚSICA A SÚA PROGRAMACIÓN CULTURAL DE OUTONO 2013

No programa -Tomiño Música en Outono-, mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concerto de Roi Casal, Lulavai, etc.

Fecha: 22 de Octubre de 2013

Fuente: www.concellotui.org

A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño vén de presentar a súa Programación de Outono 2013, dedicada especialmente á música.

No programa cultural "Tomiño Música en Outono", mestúranse actuacións de grupos de música tradicional, folk, corais e bandas, destacando os concerto de Roi Casal e Lulavai, ambos os dous coa arpa coma instrumento protagonista.

A programación comeza o día 19 de outubro con "Moxenas" e "Os Trasnos da Gaita", ambos grupos de música tradicional, que actuarán a partir das 22.00 horas no auditorio de Goián, con entrada xeral de 3 euros.

O día 9 de novembro actuará en concerto o grupo "Lulavai". Será tamén ás 22.00 horas no Auditorio de Goián e entrada de 3 euros.

O día 30 de novembro, será Roi Casal o que achegará a súa música de arpa ata Goián. Á mesma hora, lugar e prezo.

A programación continúa en decembro co grupo "Can de Palleiro", que brindará un concerto solidario o día 8 ás seis da tarde. Neste caso a entrada será un alimento que se destinará á ONG SOS Tomiño.

O 15 de decembro, ás 18.00 horas actuará no auditorio a Coral Polifónica de Tomiño cun concerto de Nadal e entrada libre, e o 22 fará o propio a Agrupación Musical de Goián (tamén ás 18.00 e entrada de balde).

Pechará o ciclo de outono "Airiños Novos de Pinzás", o día 29 de decembro, coa presentación do seu disco "O buraco dos mouros". Tamén no auditorio goianés, ás 18.00 e entrada libre.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, explica que cada temporada do ano, o Concello pretende dedicar a programación a unha rama diferente da cultura e das artes, sendo esta a da música, así coma anteriormente se dedicou ao teatro, ao humor, etc.

A presentación da temporada de outono prodúcese logo da inauguración da exposición "Antonio Fernández: pintor de tres mundos", no Centro Goianés, que permanecerá aberta ata o día 20 de outubro e pola que xa pasaron centos de persoas e escolares da vila.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones