Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño despide xullo con cinema ao aire libre e a proxección, mañá venres, de EL REGRESO DE MARY POPPINS

En agosto estarán PUNKDEMIA, BRASSICA RAPA E ACUARIO, con propostas lúdicas, musicais e teatrais

En agosto estarán PUNKDEMIA, BRASSICA RAPA E ACUARIO, con propostas lúdicas, musicais e teatrais

Fecha: 31 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño despide o mes de xullo con cinema ao aire libre e a proxección, mañá venres 31 de xullo ás 22.30h na Praza do Seixo, de EL REGRESO DE MARY POPPINS: unha película de xénero musical, fantasía e comedia, apta para todos os públicos. As entradas poden conseguirse (de balde)  chamando ao Concello (986 62 20 01)

Por outra banda, no mes de agosto chegará PUNKDEMIA, de Peter Punk; un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión práctica dos novos tempos da man de Peter Punk Pallaso. Novas rutinas, EPIs, equilibrios e moitas risas. Será o sábado 8 de agosto ás 21.00h na Praza do Seixo.

BRASSICA RAPA estará tamén EN CONCERTO en Tomiño (14 de agosto ás 22.30h na Praza do Seixo) Trátase dunha "brass band" de rapazas cun repertorio variado de diferentes estilos que van dende grandes éxitos do pop e bandas sonoras de películas a cancións reivindicativas, formando unha agrupación versátil e dinámica que pretende encher de música rúas e locais. Mesturan a música instrumental coa voz mediante arranxos propios de temas populares.

ACUARIO chegará o venres 21 de agosto ás 21.00h tamén na Praza do Seixo. Un espectáculo de teatro, baseado no libro de poemas de María Canosa co mesmo título. O obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral.
Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva.

Despediremos agosto o venres 28, cun concerto da Agrupación Musical de Goián, que terá lugar na Praza do Seixo, ás 22.30h.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones