Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO E GOIÁN ULTIMAN OS SEUS DESFILES DE CARROZAS

Venres de Foliada en Tomiño e Martes de Entroido en Goián son as citas obrigadas do entroido tomiñés

Fecha: 14 de Febrero de 2012

Fuente: www.concellotomino.com

Venres de Foliada en Tomiño e Martes de Entroido en Goián son as citas obrigadas do entroido tomiñés
Os integrantes das comparsas de Tomiño e de Goián restan os días para os seus desfiles de Venres de Foliada e Martes de Entroido.

En Tomiño se espera que participen máis de 1.100 persoas distribuidas nas 25 comparsas que integrarán este ano o Venres de Foliada. Nenos, nenas e adultos teñirán de luz e cor este ano Tomiño. Son do Concello e de concellos próximos, ás tradicionais comparsas tomiñesas se unirán outras de O Rosal, Gondomar, O Porriño, etc. Moitas son asociacións culturais que se adican a preparar a conciencia o entroido.

Este ano serán 25 as comparsas que desfilarán por Tomiño a maioría superan os 60 integrantes.

A cita do Venres de Foliada será o día 17 de febreiro ás 21h30. O percorrido será o habitual partindo dende o CEP Pedro Caselles desfilarase polas principais rúas da vila para rematar na Avenida República Arxentina.

Dende os corpos de policía local e protección civil, encargados da coordinación e seguridade viaria rogan, tendo en conta o numeroso público que asistirá, que respecten as normas de seguridade.

O Entroido de Goián, pola súa parte, conta cunha programación máis extensa que ten comezo o domingo 19 e que se extende ata o martes 21de febreiro día do seu desfile de carrozas.

Goián comezará o día o domingo cun desfile infantil que percorrerá as principais rúas da vila. Pola tarde, actividades infantís na praza a partires das 16h00 e logo o tradicional concurso de carretillas. Haberá galardón para o conductor e acompañante mellor disfrazado e pola carretillas mellor tuneadas. Pola noite, vervena e concurso dos mellores disfraces.

O luns, terá lugar o habitual percorrido da parroquia para pedir. Disfrazados acompañan aos gaiteiros percorrendo casa por casa nunha algarabía sen paragón na parroquia.

O martes, que é o día grande, desfilarán as carrozas que se presenten, maioritariamente da parroquia que durante os últimos meses traballaron arreo para lucir as súas obras no pobo. Os organizadores calculan que unha veintena participará na tarde do martes. E logo do desfile: sopa. Os organizadores, Asociación Entroido de Goián, convidan aos asistentes a un sopa de balde na praza da vila.

O concelleiro de cultura, Xose María Regueiro, destacaba "a continuidade de ambos entroidos, sobre todo o de Goián que ven de comenzos do século XX. É importante que se manteñan as festas tanto en Tomiño como en Goián. Destacar, que dentro do Entroido de Tomiño, que este ano a Asociación Revolution Show cumpre o seu décimo aniversario".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones