Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño entrega as primeiras plantas frondosas dentro da campaña -Enche o teu monte de vida autóctona

O obxectivo da campaña é contribuír a repoboar zonas de franxas secundarias nas que se require unha correcta xestión da biomasa para previr incendios forestais

O obxectivo da campaña é contribuír a repoboar zonas de franxas secundarias nas que se require unha correcta xestión da biomasa para previr incendios forestais

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Marzo de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Dentro da campaña “Enche o teu monte de vida autóctona”; que leva adiante o Concello de Tomiño para conmemorar os días dos bosques e da árbore, a Concellalía de Medio Rural, que dirixe Ana Belén Casaleiro, fixo entrega hoxe do primeiro lote de plantas forestais frondosas e autóctonas co fin de contribuír a repoboar zonas de franxas secundarias nas que se requiriu á veciñanza, unha xestión correcta da biomasa e onde se prohiben árbores como pino, eucalipto e acacia, seguindo as indicacións da Lei de prevención de incendios forestais.

Así, varias persoas titulares de parcelas en franxa secundaria ben xestionadas, e que tiñan solicitado vales, dende o día 21 de marzo (Día dos Bosques), no departamento de Medio Rural, recolleron esta mañá nada menos que 563 árbores de especies como castiñeiro, carballo, sobreira, loureiro, cerdeira, nogueira, aciñeira, acivro, érbedo e bidueiro.

“Do que se trata é de concienciar á cidadanía sobre os beneficios de plantar especies frondosas autóctonas e, dado que  en moitos casos se lle obriga a cortar as que tiña, valore a opción de plantar árbores permitidas nestas franxas”, comenta a concelleira da área.

A veciñanza, pola súa banda, valorou positivamente a acción. “Está ben esta campaña para poder repoboar ás fincas, xa que tivemos que cortar moitas árbores” explicaban as primeiras persoas que se achegaron a recoller as plantas esta mañá.

O Concello de Tomiño, cunha superficie total de faixa secundaria de 797,51 hectáreas, investiu uns 3.000 euros na compra de 1.600 unidades das 10 especies autóctonas. Até o momento son 781 as plantas solicitadas e concedidas, polo que nos vindeiros días, realizaranse unha nova entrega.

As persoas propietarias que teñan limpado as súas parcelas conforme á lei; especialmente nas dúas parroquias consideradas prioritarias polo risco de incendio (Forcadela e Tomiño), teñen de prazo para recoller os vales até o día 28 de xuño (Día da Árbore) na oficina de Medio Ambiente do Concello (1º andar).

A técnica do departamento entregará os vales para ir recoller as plantas logo de comprobar, a través de fotografías, a limpeza realizada previamente.

O número de árbores entregadas a cada titular dependerá do tamaño da parcela, contando unha árbore por cada 25 metros cadrados (cun límite de 100 exemplares) ata esgotar existencias.

Dende o departamento de Medio Rural lembran que as novas especies frondosas deberán plantarse a máis de 15 metros das vivendas; a 2m dos lindeiros e camiños públicos, e a 4m de estradas de máis de 5m de ancho.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí