Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño estrea unha innovadora plataforma multitenda de venda online para o comercio local

Atenda.gal abre este venres 18 con espazos personalizados para cada un dos establecementos adheridos.

Atenda.gal abre este venres 18 con espazos personalizados para cada un dos establecementos adheridos.

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño estrea este venres 18 de decembro atenda.gal,  unha novidosa plataforma multitenda de venda online para o seu comercio local coa que o Concello busca apoiar á veciñanza e ao comercio de proximidade nestes tempos de cambio. Nun momento de auxe da venda online por mor da pandemia, Tomiño apostou por acompañar ao comercio local no salto á dixitalización e facelo empregando un modelo diferente no que combinou a formación das e dos comerciantes en novas tecnoloxías co desenvolvemento desta plataforma multitenda na que os establecementos adheridos son os verdadeiros protagonistas.

Fronte a sistemas marketplace xurdidos ao inicio da pandemia onde os establecementos perden entidade e visibilidade, en Tomiño “decidimos apostar por unha fórmula diferente que non ten comparación no resto da comarca. Mentres outros optaron por facer unha tenda para moitos comercios nos quixemos crear unha tenda online para cada comercio. Por iso en atenda.gal cada ten o seu espazo e a súa propia tenda, adaptada ás súas necesidades e realidade, coa súa personalidade, a súa imaxe corporativa, os seus logos... algo que para nós é unha garantía de éxito de futuro”, salienta a alcaldesa, Sandra González.

Cada comercio adherido a esta iniciativa é totalmente autónomo na xestión da súa tenda e ocúpanse de introducir ou eliminar produtos, xestionar o stock ou os envíos, por exemplo. Ademais, cada establecemento conta con sistemas de pago personalizados e encárganse do cobro directo ao cliente final sen intermediarios. A plataforma, costeada integramente polo Concello de Tomiño, é totalmente gratuíta para o comercio local, que non ten que afrontar ningún tipo de canon ou custo de mantemento.

Un sistema sinxelo para os comerciantes e para o cliente final, que poderá acceder a todas as tendas da plataforma cunha soa conta de usuario. A web será moi doada de usar e intuitiva, algo que se reflicte incluso no dominio empregado, atenda.gal, que busca asociar esta nova modalidade de compra á que se fai nos comercios de barrio. “Son os mesmos comercios coa mesma calidade e a mesma atención personalizada de sempre pero chegamos a eles a través doutra canle”, explica a rexedora.

A plataforma entra en funcionamento aproveitando a campaña de Nadal é xa é considerado un caso de éxito, con novos establecementos interesados en adherirse incluso antes da súa apertura ao público. Dende o Concello quérese agradecer ao comercio a acollida tan positiva desta iniciativa. “Accións como esta serven tamén para manter e incluso crear emprego nos negocios dos barrios, que o están pasando moi mal. Dar este paso vai axudar a moitos comercios a chegar a nova clientela e vai dar un pulo importante ao comercio local”, destaca Ana G. Morell, de Morell 85, que afronta este novo reto “moi emocionada e con moita confianza”.

Comparte ilusión Patricia Oliveira, da mercería O Fío, para quen dar este salto “é case como abrir un negocio novo”. Pola súa parte Lorena Bouzada, de Ferretería & Hogar Bouzada, destaca que “as redes sociais e internet teñen un potencial moi grande e hai que aproveitalo”.

Tras a apertura da multitenda o Concello continuará realizando traballos de dinamización do portal, así como acompañando a cada un dos comercios integrantes para que collan soltura no manexo da súa tenda e lle saquen o maior rendemento posible.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí