Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño fai máis accesible o tramo municipal da estrada de San Salvador de Tebra

As obras, que veñen de arrancar esta semana, dotarán ao vial dunha senda peonil, pavimento novo e arborado ornamental

As obras, que veñen de arrancar esta semana, dotarán ao vial dunha senda peonil, pavimento novo e arborado ornamental

Etiquetas del contenido

Fecha: 20 de Agosto de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Veñen de arrancar as obras de reforma e acondicionamento da vía de acceso a San Salvador de Tebra, que conecta a estrada PO-344 coa praza principal da parroquia.

 

A intervención, orientada á renovación completa do tramo de propiedade municipal, procura darlle coherencia coa urbanización da praza situada nas inmediacións da igrexa e do centro cultural, e empregando materiais similares aos utilizados neste espazo.

 

A actuación, con deseño do arquitecto Xavier Pousa, facíase necesaria para acondicionar un espazo que levaba acumulando un notable deterioro, especialmente no pavimento das zonas peonís.

 

O proxecto formula unha modificación na sección da vía, formada até o de agora por dous carrís e beirarrúas bastante estreitas. Por iso estanse a ampliar as zonas de uso peonil, pasando a ter a calzada 5,30 metros de ancho fronte aos 6,90 actuais.

 

Con esta intervención, adxudicada a Construccións Castro Figueiró S.L, por preto de 100.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, o Concello pretende dar resposta á unha demanda veciñal.

 

As obras realízanse con cargo ao Plan Concellos 2020 e inclúen a construción dunha plataforma única para peóns e tráfico rodado, distinguindo con pavimentos diferentes os itinerarios peonís e os dos vehículos.

 

Asemade, ampliarase o ancho das beirarrúas de uso peonil (unha de 1 metro de ancho no marxe esquerdo e outra de 2,5 metros, na marxe dereita), para cumprir, nunha delas, coas medidas que se esixen actualmente en materia de accesibilidade.

 

Ademais, dotarase de pavimentos e arborado novos ao tramo de propiedade municipal para mellorar a súa estética. O alumeado público irá acompañado de árbores de tipo ornamental; toda a vía terá a mesma altura, empregando aglomerado asfáltico para o pavimento rodado e formigón pulido coloreado para as zonas peonís.

 

“Coa actuación proxectada, conseguirase facer máis accesible e amable o vial para os peóns, mellorándose a imaxe do mesmo para que estea en sintonía coas actuacións realizadas na contorna, e emendando o mal estado de conservación no que se atopaba”, precisa a alcaldesa  Sandra González.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí