Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño homenaxea a Hortensia Expósito, Tena, nas Festas do Alivio 2024

O Concello de Tomiño renderá tributo a Hortensia Expósito Martínez, Tena, unha muller emblemática do rural, no acto cívico das Festas do Alivio 2024, recoñecendo a súa vida de sacrificio, esforzo e resiliencia.

O Concello de Tomiño renderá tributo a Hortensia Expósito Martínez, Tena, unha muller emblemática do rural, no acto cívico das Festas do Alivio 2024, recoñecendo a súa vida de sacrificio, esforzo e resiliencia.

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Septiembre de 2024

Fuente: Concello de Tomiño

O próximo sábado 14 de setembro, o Concello de Tomiño celebrará unha sentida homenaxe no marco das Festas do Alivio 2024 a Hortensia Expósito Martínez, coñecida como Tena, recoñecendo unha vida de loita, traballo duro e superación. O acto cívico terá lugar na Praza do Seixo ás 21:00 horas, seguido do tradicional concerto da Agrupación Musical de Goián.

Tena, nacida en 1937 en Vilachán do Monte en plena guerra, representa o exemplo vivo de moitas mulleres do rural galego que, sen facer ruído, levaron o peso do traballo no campo e o coidado das súas familias. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou que "a historia de Tena é un recordo vivo dunha xeración de mulleres fortes que non sempre foron recoñecidas, pero que resultaron imprescindibles para a nosa sociedade".

Criada nun entorno marcado pola emigración e a adversidade, Hortensia foi testemuña da partida de moitos homes á América e viu como as mulleres quedaban a coidar os fogares alleos. Dende pequena, asumiu o traballo do campo, coidou dos seus pais e criou soa a tres fillos. Traballou duro, tanto na casa como nas plantacións de pinos da Forestal e nos quilómetros de regos que levaron a auga ás vivendas de Vilachán. Para ela, todo isto era simplemente "o que facían todas as mulleres daquela época: traballar e tirar adiante".

Agora, Tena busca que a loita e sacrificio das mulleres como ela non se perda, non tanto polo seu recoñecemento persoal, senón polas xeracións futuras, para que non se esquezan dos valores de esforzo e resistencia que estas mulleres encarnan.

Programación:

As Festas do Alivio comezarán o luns 9 de setembro cunha semana chea de actividades para todos os públicos na Praza do Seixo. A semana abre coa actuación de Simplemente Enricco, un mago e malabarista peculiar, ás 19:00 horas. O martes, Marta Ortiz presentará ‘Tralará. Contos, obxectos e música’, un espectáculo que une tradición e actualidade. O mércores 11 será o turno de Peter Punk co seu show ‘Peor imposible’, e o xoves 12 rematarán as actividades familiares coa ‘Peque Disco’ de Moc Moc, unha mestura de música, circo e clown.

A alcaldesa Sandra González resaltou que "as Festas do Alivio son unha oportunidade única para unir a todas as parroquias de Tomiño nun ambiente de celebración e comunidade". Agradeceu tamén o esforzo da Comisión de Festas, cuxa dedicación fai posible que o evento sexa todo un éxito cada ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí