Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño homenaxea a Pepe Coruto, un sabio do río Miño

O Concello destaca o carácter innovador deste pioneiro que transformou a pesca da angula e fundou a Asociación de Pescadores do Río Miño

O Concello destaca o carácter innovador deste pioneiro que transformou a pesca da angula e fundou a Asociación de Pescadores do Río Miño

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Septiembre de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

A de José Álvarez Gayoso, Pepe Coruto, é unha vida unida de cheo ao río. Home sabio onde os haxa, inventou, innovou e empregou todo canto sabía no momento xusto para aproveitar os recursos do Miño. Por iso, o Concello homenaxeará este ano nas súas Festas do Alivio a este tomiñés que transformou a pesca da angula e fundou a Asociación de Pescadores do Río Miño.

De pequeno Pepe Coruto sempre andaba no campo e non foi ata os 14 anos cando se meteu no río e uniu o seu devir ao do río Miño, que flúe sen descanso como fío condutor da súa historia e da identidade de Tomiño. Chegou nunha época na que o río estaba cheo de peixe e de xente, que pescaba día e noite con diferentes técnicas para gañar o pan durante todo o ano.

Pronto se fixo destacar polo seu traballo e as súas ideas, como a teima de construír un barco. E alí, no primeiro andar da casa que fora dos seus avós e noutro tempo de curas, nace Atlántico, un barco de dúas puntas que podía traballar tamén cando había temporal sen que lle entrara a auga.

Foi entre marea e marea como, case sen querelo, converteuse no gran transformador da pesca da angula. Daquela o meixón non estaba cotizado, só se apañaba con peneira por terra e ata llo botaban ás galiñas... ata que os vascos comezaron a compralo e montaron o primeiro viveiro no Torrón. Estando un día alí á angula, Pepe Coruto deuse conta de que o meixón ía coa marea e que o facía polo medio do río e ideou unha rede con dúas áncoras de xeito que o meixón non tiña por onde escapar. Foi así como transformou a pesca da angula.

Durante uns anos só a tiña el. Pero comezou a actividade dos areeiros e a escangallarse os portos de pesca, con buracos nos que se enrocaban as redes e chupóns que extraían todo o que estaba nas tornas, incluída a cría da lamprea. Nese momento Pepe Coruto comezou a súa andaina coa Asociación de Pescadores do Río Miño, da que foi fundador e o seu primeiro presidente e que chegou a ter ata 250 socios.

Por todo isto, por todo dado ao río, ao crecemento e ao desenvolvemento do futuro de Tomiño, o Concello renderalle a Pepe Coruto unha sentida homenaxe no Acto Cívico este sábado 9 de setembro. O acto, ás 21.00 horas na Praza do Seixo, estará amenizado pola Agrupación Musical de Goián.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí