Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño inicia o reparto dos composteiros individuais do plan Revitaliza da Deputación

Persoal técnico da Deputación realizará o mércores ás 10.30h unha charla de formación no Pavillón da Carballa

Persoal técnico da Deputación realizará o mércores ás 10.30h unha charla de formación no Pavillón da Carballa

Fecha: 19 de Agosto de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

O Plan Revitaliza de compostaxe vai dar o pistoletazo de saída ao reparto de composteiros individuais (COIN) no concello de Tomiño. O mércores entregaranse os primeiros recipientes a 30 familias da vila, estando convocadas outras tantas 30 persoas para recibir unha charla de formación sobre a compostaxe de residuos orgánicos e recibir despois o composteiro.

A cita será ás 10.30 horas no Pavillón da Carballa, na parroquia do Seixo coa presenza da alcaldesa Sandra González, e realizarase seguindo todas as medidas de prevención sanitarias necesarias: haberá cadeiras ben separadas, entrada e saída independiente, xel hidroalcólico e obriga de levar máscara. Proxectarase nunha pantalla unha pequena presentación explicativa e á saída entregarase o COIN, un aireador, un termómetro e un manual de compostaxe.

O reparto continuará o vindeiro xoves 27, cando se entregarán outros 30 COIN. As persoas que os recibirán serán as que se inscribiran a raíz dunha solicitude de subvención do PIMA que resultou fallida para o concello. Posteriormente e grazas á subvención da Deputación de Pontevedra, realizaranse novos repartos, chegando a entregar ata uns 3000 COIN, instalar uns 14 CCC ademáis dos dous existentes, mercar un camión grúa, microtrituradoras para deixar en empréstito á veciñanza e instalar algún punto verde para a recollida de poda.

O persoal técnico explicará en que consiste o Plan Revitaliza da Deputación, como se composta, e algunhas cuestións prácticas como a importancia ubicar ben o composteiro, de achegar suficiente estruturante para misturar cos biorresiduos, e tamén de remexer periódicamente o material para airealo. Contestaranse algunhas dúbidas sobre que se pode botar no composteiro (todos os restos de comida crúa ou cociñada e vexetais).

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones