Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño investirá máis de 100.000 euros en ampliar e optimizar a rede de saneamento

A Concellería de Servizos Públicos vai acometer a construción dun novo emisario da E.D.A.R. e obras de saneamento en distintos barrios do termo municipal

A Concellería de Servizos Públicos vai acometer a construción dun novo emisario da E.D.A.R. e obras de saneamento en distintos barrios do termo municipal

Fecha: 19 de Agosto de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño levará a cabo en breve dúas obras de saneamento cun investimento de 110.000 euros.

Trátase, en primeiro lugar, da construción dun novo emisario da E.D.A.R. (Estación Depuradora de Augas Residuais) situada en Goián, coma resultado dunha esixencia de Aguas de Galicia que se leva anos tramitando, co fin de evitar o pago do canon que se vén abonando á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, por consideralo abusivo. Neste sentido, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, lamenta que nin Aguas de Galicia nin á confederación, asuman o custe das obras (55.000 euros), polo que o Concello vese na obriga de solventalas con fondos propios.

No último pleno, celebrado no mes de xullo, aprobouse un expediente de modificación de créditos que permitirá dispor dos 55.000 euros que custarán as obras, a intervención será contratada en breve co propósito de tela operativa o antes posible.

As obras, consistentes na instalación dunha tubaxe ao longo duns 200 metros, cara ao Miño, onde chegarán os vertidos unha vez sexan tratados na estación depuradora.

Por outra banda, a Concellería de Servizos Públicos vai acometer novas obras de saneamento en distintos barrios do termo municipal, cun investimento previsto de 50.000 euros, co fin de levar o servizo a unhas 20 vivendas. Trátase de pequenos grupos de casas que quedaron ao marxe do saneamento por diferentes razóns e que demandan o servizo dende hai tempo, tendo nalgúns casos, problemas coas fosas sépticas.
Estes investimentos permiten facer enganches para grupos de vivendas, próximos aos colectores e ir ampliando así a rede municipal.

Na actualidade, un 60% do total de unidades familiares existentes en Tomiño, contan co servizo público de saneamento e está previsto seguir ampliándoo progresivamente.

Mentres, e para afrontar a problemática derivada da amplitude xeográfica do municipio (106 m2) e da gran dispersión existente, o Concello pon a disposición da veciñanza dende hai tres anos, un servizo de baleirado de fosas sépticas. Así, a concellería subvenciona unha parte do custe do baleirado, co obxectivo de, por una lado, tentar axudar ás vivendas que non teñen acceso á rede de saneamento, e por outro, evitar verteduras ilegais, ter un censo dos verquidos e identificar problemas de contaminación.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones