Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño leva a pleno antes que remate o ano unhas Contas de 8.130.000 euros

O equipo de goberno destinará un millón de euros á construción da futura biblioteca municipal, contando ademais cunha axuda da Deputación por un valor similar

O equipo de goberno destinará un millón de euros á construción da futura biblioteca municipal, contando ademais cunha axuda da Deputación por un valor similar

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño leva a pleno este luns os Orzamentos do ano 2022 por valor de 8.130.000 euros, un 5% con respecto aos do ano anterior.

Os Orzamentos 2022 contemplan un crédito dun millón de euros, a través do que o Concello poderá facer fronte á construción do Espazo Isaura Gómez, que albergará a futura biblioteca municipal e outras dependencias.

A alcaldesa Sandra González explica que no pleno do vindeiro luns darase conta tamén da aprobación do convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra no marco do programa REACPON (Reacciona Pontevedra Provincia), cunha achega de 1.108.423 euros de parte da entidade provincial. Informa, así mesmo, que a Xunta de Galicia non chegou a dar ningunha axuda económica para este importante e necesario proxecto, a pesar das numerosas entrevistas mantidas con este obxecto, e lembra que a Administración Autonómica aínda está a tempo de colaborar, xa que a achega provincial é compatible con outras que puidera haber para a mesma finalidade.

Por outra banda, o departamento de Benestar Social contará o ano que vén cun orzamento de 1,2 millóns de euros, o que representa o 15% das Contas Xerais, incrementándose a partida do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) nun 7% e chegando a 800.000 euros Nos momentos de crise que se están a vivir, o equipo de goberno optou pola conxelación de impostos e taxas durante todo o exercicio. Na plusvalía introduce ademais unha bonificación do máximo porcentaxe (15%) permitido polo Real Decreto-ley 26/2021 de 8 de novembro, nos casos das herdanzas como vivenda habitual (95%) ou da transmisión hereditaria do resto de propietarios (50%).

No capítulo de Persoal contémplase a suba dun 2% aos funcionarios, ademais da contratación  de dúas novas prazas de técnicos/as (de Xestión e de Medio Ambiente), pendentes de incluír na OPE e que veñen de convocarse.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí