Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño levará a aprobación un orzamento de 8,7 millóns de euros, o máis alto da súa historia

As contas recollen un importante incremento en gasto social, case 2,1 millóns de euros, o que supón o 26% destas contas xerais

As contas recollen un importante incremento en gasto social, case 2,1 millóns de euros, o que supón o 26% destas contas xerais

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Noviembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

  • As contas recollen un importante incremento en gasto social, case 2,1 millóns de euros, o que supón o 26% destas contas xerais
  • O Concello investirá un millón de euros conseguidos a través dos fondos Next Generation para a substitución do alumeado público
  • É un dos primeiros concellos da provincia que aprobará os seus orzamentos en tempo e forma

O Concello de Tomiño será un dos primeiros municipios da provincia en aprobar o seu orzamento para o vindeiro ano 2023, unhas contas que superarán os 8,7 millóns de euros e que se consolidan como as máis altas da historia do municipio. Trátanse duns orzamentos “moi ligados á realidade social e económica que un ano máis ratificaremos en tempo e forma, o que demostra a responsabilidade e capacidade de xestión do Goberno municipal”, como explica a alcaldesa, Sandra González.

É precisamente esa capacidade de xestión e de planificación estratéxica o que lle permitiu ao Concello conseguir a través dos fondos Next Generation un investimento de case un millón de euros para renovación do alumeado público de cara á eficiencia enerxética. Grazas a este investimento o Concello conseguirá ao longo do vindeiro ano un aforro enerxético do 61%, unha redución na emisións de CO2 de case 193 toneladas e un aforro económico de case 72.000 euros anuais. O Goberno municipal dará un paso máis alá e xa está a traballar nun novo proxecto que permitirá captar novos fondos europeos para chegar ata o 90% da rede de alumeado.

Con todas estas accións o Concello continúa a traballar na transición enerxética para facer de Tomiño un municipio máis sostible medioambiental e tamén economicamente, xa que a actual crise enerxética e o incremento de prezos obriga ao Goberno municipal a facer un esforzo para aumentar en 340.000 euros o gasto corrente en electricidade.

Por outra banda, os orzamentos para o vindeiro 2023 reflicten tamén unha partida de case 2,1 millóns de euros para gasto social, o que representa case o 26% das Contas Xerais. Entre as partidas, recóllese un importante incremento da destinada ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que sube un 7,4% ata situarse nos 903.000 euros, un máximo histórico neste sector.

No capítulo de Persoal contémplase a suba dun 5% ao persoal funcionario, o que suporá un incremento de 120.000 euros nesta partida. Ademais, entre outros investimentos recollidos nestes novos orzamentos destacan os máis de 60.000 euros destinados a saneamento, e que inclúe a posta en marcha dun proxecto piloto para a depuración individual, ou os que se destinarán ás parroquias: máis de 80.000 euros para as traídas de augas para un proxecto de mellora do servizo de abastecemento de auga nos camiños; outros 60.000 euros nun plan de melloras dos camiños das parroquias ou 60.000 euros no plan de mellora dos centros escolares, entre outros.

Outra mostra da boa xestión económica do Concello vese reflectida na execución orzamentaria, cun pago a provedores nunha media de 13,29 días no terceiro trimestre deste ano, o que fai destacar a Tomiño como un dos municipios con maior puntualidade no pago. Outro síntoma do bo facer é o remanente en tesourería, con 3,8 millóns de euros. 

Como explica a alcaldesa, os novos orzamentos para este 2023 reflicten que “Tomiño é un Concello solvente economicamente e que ten un nivel de execución óptimo, o que nos permite estar satisfeitos coa nosa xestión económica”. As Contas Xerais levaranse este luns a comisión informativa para a presentación ante o plenario.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí