Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño Natural, unha semana de actividades centradas no coidado do noso medio

Estrearase un documental dedicado ás traídas veciñais; haberá conversas sobre a compostaxe e a depuración das augas; plantación de especies autóctonas; exposicións, xogos, actividades e puntos de información

Estrearase un documental dedicado ás traídas veciñais; haberá conversas sobre a compostaxe e a depuración das augas; plantación de especies autóctonas; exposicións, xogos, actividades e puntos de información

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O impulso da compostaxe como forma de reducir os residuos e a mellora integral das augas, son os pilares nos que se vertebra a Semana do Medio Ambiente que, co lema Tomiño Natural, organiza o Concello este ano para conmemorar o Día Internacional do Medio Ambiente.

As Concellerías de Medio Ambiente e de Servizos Públicos, aunáronse para a organización desta semana, nesta primeira edición, na que se se darán a coñecer os avances na materia e se convidará á cidadanía a participar e implicarse. 

"Tomiño aposta por mellorar o tratamento e reducir a produción de residuos. Queremos dar un novo impulso á compostaxe comunitaria e doméstica da materia orgánica para reutilizala como nutrinte da terra, e ao mesmo tempo, unha oportunidade para implicarse no coidado da natureza.", explica a concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro.

A segunda gran preocupación é o coidado da auga. "Queremos darlle un tratamento e depuración  adecuados porque é un recurso escaso e imprescindible; buscaremos novas alternativas de mellora do saneamento tradicional e sistemas de depuración eficaces", afirma pola súa banda o edil de Servizos Públicos, Lois Vazquez.

Tamén se inclúe como tema especial, as árbores, cunha exposición das obras presentadas ó concurso sobre árbores senlleiras, cunha plantación de árbores autóctonas e coas actividades infantís do sábado.

Os actos comezan o mércores 2 de xuño coa estrea do documental "Da nosa man. As traídas de auga de Tomiño". Ás 20.30 a cinta será subida ao Facebook do Concello, e no Auditorio de Goián terá lugar a presentación do traballo ás directivas das traídas, con acceso restrinxido. O acto contará coa presencia da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do presidente de COXAPO (Asociación de Traídas de Augas de Pontevedra), Juan Joaquín Pousa.

O xoves 3 de xuño haberá dúas actividades principais. Ás 17.00 horas, plantación de árbores autóctonas a cargo do Consello da Infancia e Adolescencia "Voces Novas", e ás 20.30h no Facebook do Concello, "Conversa sobre alternativas para o tratamento e depuración das augas", coa alcaldesa; o enxeñeiro experto en enerxías renovables e tratamento de augas residuais, José Luis Peraza, e a xefa de servizo de Aqualia en Tomiño, Marián Lago.

O programa continúa o venres 4 de xuño con outra conversa a través das redes do Concello (Facebook); neste día falarán sobre a compostaxe Ana Belén Casaleiro, concelleira de Medio Ambiente; Carlos Pérez, químico asesor de residuos da Deputación de Pontevedra, e Sandra Alonso, mestra composteira.

O sábado 5 de xuño será o día grande da Semana, coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente. Na Praza do Seixo haberá xogos e talleres infantís (de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00h) a cargo da Granxa Escola Corazón de Carballo, cunha temática vinculada ao Medio Ambiente e a riqueza natural de Tomiño.

Ademais, ás 12.00h efectuarase a entrega de premios do concurso "Como ves ti as árbores senlleiras de Tomiño?", nos seus diferentes niveis, cuxos traballos estarán expostos ao público do 1 ao 6 de xuño no primeiro andar do Mercado Municipal.

Por último, dende o mércores 2 de xuño até o sábado 5, haberá na Praza do Seixo un posto de información sobre compostaxe e reciclaxe, a cargo da Asociación Ecoloxista Amigos da Terra, con horario de tarde, de 18.00 a 20.00 horas, excepto o mércores que tamén estará de mañá. En Goián o posto informativo estará o día 3, entre as 11.00 e as 13.00 horas, coincidindo co mercadiño ambulante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí