Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño oferta este verán máis de 450 horas de actividades deportivas, formativas e de lecer destinadas á infancia e á mocidade

A inscrición pode formalizarse xa a través da web municipal (www.tomino.gal)

A inscrición pode formalizarse xa a través da web municipal (www.tomino.gal)

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tras dous anos de pandemia, Tomiño recupera a normalidade de cara ao verán (meses de xullo, agosto, setembro e outubro) realizando unha mega oferta de campus, campamentos, cursos e obradoiros. O obxectivo é que a infancia e a mocidade poidan participar en propostas de educación non formal de carácter lúdico, educativo e deportivo.

Unha vintena de actividades (7 campus e 2 cursos deportivos, outros 4 cursos e eventos para a mocidade; 3 obradoiros e 2 campamentos) coas que o Concello tenta contribuír á conciliación da vida familiar e laboral e á inclusión social, fomentando ademais a interacción e a convivencia entre os/as participantes.

A oferta suma nada menos que 451,5 horas de formación e desfrute, divididas en 300 horas en disciplinas deportivas e as restantes en cursos, eventos, obradoiros e campamentos.

As diferentes propostas que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas e horarios, fundamentalmente, durante os meses de xullo e agosto. Cadaquén poderá escoller entre unha ampla oferta de actividades deportivas, científicas, artísticas, etc.

Concretamente, haberá tenis, con xornada de portas abertas; curso de promoción do piragu?ismo; campus de skate, fútbol feminino e mixto de fútbol; campus de tenis, de pádel, de bádminton e de atletismo; ioga integral para nenos e nenas; infancia e mocidade, campamento urbano e campamento musical; curso de fotografía, obradoiro de vídeo mapping e de canto (Operación Triunfiño en Tomiño); curso de iniciación ao lettering, obradoiro de robótica, evento de gaming (Tomiño Gamer) e a actividade “Constrúe o teu Futuro” con metodoloxía lego® serious play®

A Concellería de Participación Infantil e Mocidade, que dirixe Fátima Rodríguez, prevé bonificacións para diferentes casos; por exemplo, para os nenos e nenas empadroadas en Tomiño que sexan irmáns e participen xuntos/as na mesma actividade (bonificación a maiores de 5 euros por cada neno/a); persoas que sexan voluntarias do Concello (bonificación do 50% en todas as actividades), ou socios e socias da Agrupación Musical de Goián (bonificación do 50% no campamento musical).

Por último, as persoas que entreguen informe favorable do Departamento de Servizos Sociais do Concello terán unha bonificación do 50%, ou ben, dereito a asistir de xeito gratuíto a todas as actividades que se ofertan na campaña de deportes de 2022.

Todos os e as menores de idade precisarán autorización materna, paterna ou do titor/a legal.

En todos os cursos ofertados requírese un mínimo de 15 persoas para que se leven a cabo. Para máis información, chamar ao 986 622 001/02/03 e/ou mandar un correo electrónico a omix@tomino.gal. As inscricións poden realizarse a través dun formulario que está disponible en https://tomino.gal/campus-cursos-e-obradoiros-veran-2022/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí