Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño ofrece á mocidade cursos de verán en contacto coa natureza

Coñecemento de plantas, descubrimento do medio e creación dun herbario, son as tres propostas que terán lugar no mes de xullo

Coñecemento de plantas, descubrimento do medio e creación dun herbario, son as tres propostas que terán lugar no mes de xullo

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Coa chegada do verán, o Concello de Tomiño organiza a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) distintas actividades en contacto coa natureza para realizar ao aire libre.

 

Concretamente, trátase de tres cursos que terán lugar durante o mes de xullo. A primeira en impartirse será unha actividade teórico-práctica para iniciarse no coñecemento das plantas, principalmente as silvestres, as autóctonas e as exóticas. As persoas que asistan recibirán nocións sobre clasificación de plantas, identificación, fotografía, herbarios, hábitats, flora ameazada e de interese en Tomiño, código de conduta, problemas de conservación, etc.

Celebrarase en Tomiño entre o 13 e o 16 de xullo, en horario de 11:00 a 13.00h. Terá preferencia a mocidade de 12 a 35 anos e un prezo de 10 euros por persoa.

 

O seguinte curso será o día 17 de xullo e leva por nome "Descubrimento do medio na ribeira do Miño", con atención, tanto ás especies que vaian aparecendo, incluíndo os seus rastros, coma á localizacións coñecidas previamente con exemplares de interese.

Impartirase na ribeira do río Miño en horario de mañá e tarde (9.00 a 14.00 e 16.00 a 20.00h.) con xantar/pícnic que será a cargo das persoas participantes. Este curso terá un custe de 15 euros.

E por último, unha actividade dirixida a todas aquelas persoas interesadas na botánica e o mundo vexetal e con interese en aprender a realizar un herbario para o estudo de plantas secas ou como afección. Explicarase que é un herbario, con toma de datos de campo, recollida de e identificación de especies e técnicas de secado e conservación da materia. Será os días 19, 21 e 23 de xullo, co seguinte horario: luns de 10.00 a 14.00h, e mércores e venres de 10.00 a 13.00h.

 Como na anterior actividade, terá preferencia a mocidade de 12 a 35 anos e o prezo será de 15 euros.

A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, explica que a programación responde, tanto á época do ano, que permite organizar actividades ao aire libre, coma a necesidade de prever posibles contaxios do Covid-19 en espazos pechados.

 

As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web municipal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí