Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño participará na Asamblea Estatal Eurodesk de maneira virtual

A OMIX, que pertence a esta rede europea de información para a mocidade, mantivo unha reunión por videoconferencia con respresentantes de varios países

A OMIX, que pertence a esta rede europea de información para a mocidade, mantivo unha reunión por videoconferencia con respresentantes de varios países

Fecha: 14 de Mayo de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, asistirá virtualmente, o vindeiro 3 de xuño, á Asamblea Estatal de Multiplicadores Eurodesk que ía ter lugar en Mollina (Málaga), pero que debido á crise sanitaria, non poderá celebrarse de forma presencial, tal coma estaba previsto.

A decisión tomouse nunha reunión virtual realizada estes días con representantes de outras oficinas municipais de información xuvenil, co propósito de abordar tamén temas tales coma a formación online para o manexo de diferentes redes sociais usadas pola mocidade (como Tik Tok ou Instagram); a realización de webinars sobre cómo afrontar dende os servizos para a mocidade a situación de pandemia actual no que se refire a proxectos europeos; mobilidade, actividades para a mocidade, achegamento da información, mellora da calidade do servizo, etc.

A oficina municipal, na súa condición de ente "Multiplicador Eurodesk", informa sobre programas e actividades europeos dirixidos non só ás persoas mozas, senón tamén ás que traballan no eido da mocidade. De alí que na reunión celebrada, tamén se compartiran os "deberes" do persoal de Eurodek, pois para seguir pertencendo á rede, é vital cumprir os obxectivos, traballar de xeito cooperativo e activo.

Por último, acordouse continuar coa labor de redactar eventos, artigos e noticias para crear contido en español e inglés na web do Portal Europeo de la Juventud (https://europa.eu/youth/EU_es) e resolver as dúbidas que a mocidade plantexa a través do mesmo.

Por outra banda, sumándose á conmemoración do Día de Europa (9 de maio), a OMIX Tomiño está a compartir a través das súas redes sociais, entrevistas realizadas a algunhas das voluntarias europeas que traballaron no Concello dentro do programa Erasmus+.

A Rede Eurodesk, á que pertence a OMIX Tomiño dende hai anos, centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación e formación, co fin de que a mocidade se involucre en diferentes actividades europeas, accedindo á información de forma directa e sinxela, o que fomenta un sentemento de identidade europeo e abre unha morea de oportunidades. Os postos de Eurodesk son chamados Multiplicadores Cualificados e son oficinas locais repartidas por vilas e cidades de toda Europa, que dan a coñecer a información á mocidade, tanto presencialmente, como a través das ferramentas informáticas.

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones