Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño pon en marcha cursos para aprender a manexar as app PassCOVID e Sergas Móbil

O Concello busca axudar á veciñanza no uso das aplicacións sanitarias con actividades de formación de balde na aula CeMIT en agosto

O Concello busca axudar á veciñanza no uso das aplicacións sanitarias con actividades de formación de balde na aula CeMIT en agosto

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño quere axudar á veciñanza a xestionar de xeito rápido, áxil e cómodo todas aquelas cuestións sanitarias accesibles a través das novas tecnoloxías. Por este motivo, pon a disposición de tomiñeses e tomiñeasas a aula CeMIT, que organizará na primeira quincena de agosto varios cursos gratuítos para aprender a manexar as aplicacións PassCOVID e Sergas Móbil. “Queremos que todos os tomiñeses e tomiñesas teñan acceso á sanidade non só de forma presencial ou telefónica, senón tamén dixital, o que ten unha morea de beneficios para a veciñanza”, salienta a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Fomentar o emprego destas aplicacións permitirá ademais axudar a desconxestionar a xestión de trámites cotiás nos centros de saúde, que nestes intres están saturados ante a alta demanda de activacións da ‘Chave 365’, necesaria para cuestións como obter o certificado de vacinación COVID. “Cada proceso leva máis de 15 minutos e aínda que nós ofrecémoslle ao Sergas poder realizar como administración este trámite de momento non é posible. Por iso queremos animar e ensinar á veciñanza a empregar estas aplicacións, que permiten realizar diferentes trámites sen ter que acudir ou chamar ao centro de saúde”, explica a rexedora.

A aula CeMIT organizará varias quendas deste curso de 2 horas de duración na que as persoas participantes poderán adaptar os horarios ás súas necesidades sempre que coincidan co horario de apertura da aula, de luns a venres de 09.30 a 13.30 horas e os martes tamén de tarde de 16.30 a 20.30 horas.

Para inscribirse só é preciso anotarse presencialmente nas instalacións da aula CeMIT, situada no Campo da Feira; chamando ao teléfono 986 62 33 04 ou enviando un correo electrónico a cemit.tomino@xuntal.gal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí