Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño porá en marcha un servizo municipal de préstamo de biotrituradoras

O Concello levará ao próximo pleno a ordenanza que regulará este servizo que ten como obxectivo facilitar a correcta xestión de residuos de orixe vexetal por parte de particulares

O Concello levará ao próximo pleno a ordenanza que regulará este servizo que ten como obxectivo facilitar a correcta xestión de residuos de orixe vexetal por parte de particulares

Etiquetas del contenido

Fecha: 25 de Febrero de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño levará a vindeira semana a pleno a ordenanza que regulará o servizo municipal de préstamo de biotrituradoras, que se porá en marcha co obxectivo de fomentar entre a veciñanza unha correcta xestión dos residuos de orixe vexetal xerados no ámbito doméstico. A través deste sistema de préstamo porase a disposición de tomiñeses e tomiñesas biotrituradoras eléctricas e outras accionadas por motor de combustión.

Nos municipios máis rurais este tipo de residuos poden supoñer ata un 10% do lixo domiciliario, polo que con este servizo evitarase que este tipo de restos rematen no circuíto de recollida do lixo, cos conseguintes custes asociados, así como reducir o número de queimas, minimizando o risco de incendios e contaminación ambiental. Ademais, o uso deste servizo permitirá obter  un produto de valor engadido para o programa de compostaxe do Concello, que pode ser empregado como estruturante ou ben directamente como material de acolchado para horta e xardín.

Con este regulamento o Concello establece as normas básicas de uso destas biotrituradoras, así como os dereitos e deberes que deben cumprir todas as persoas usuarias. Poderán ser solicitadas por persoas maiores de idade con domicilio en Tomiño que se dean de alta no servizo e estean ao corrente das súas obrigas tributarias. No momento de darse de altas, os usuarios e usuarias recibirán as instruccións necesarias para o funcionamento da maquinaria.

As biotrituradoras deben reservarse polo menos cunha semana de antelación presentando o modelo de solicitude que estará dispoñible nas oficinas xerais ou na páxina web do Concello, onde se procederá á súa tramitación. Unha vez feita a solicitude persoal municipal porase en contacto co ou coa solicitante para indicarlle data e lugar de recollida posible. O horario tanto para a retirada como para devolución será os mércores de 08.00 a 14.00 horas.

As persoas solicitante só poderá empregar os aparellos para triturar restos leñosos procedentes de podas domiciliarias, como ramas de árbores froiteiras, viña, árbores ornamentais, restos de xardinería... sempre dos límites territoriais do municipio. O préstamo será por un máximo dunha semana e para poder volver solicitar o servizo é necesario que transcorra polo menos unha semana.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí