Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño porá en valor o torreiro de Vilameán como espazo patrimonial e de lecer

O Concello transformará a contorna cunhas obras que revalorizarán o carballo centenario da praza e incluirán a creación dunha pérgola fronte ao edificio sociocultural

O Concello transformará a contorna cunhas obras que revalorizarán o carballo centenario da praza e incluirán a creación dunha pérgola fronte ao edificio sociocultural

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Unha praza amable, sostible e accesible que permita poñer en valor a arquitectura e patrimonio da contorna e seguir recuperando espazos públicos para as persoas. Así será a contorna do torreiro de Vilameán tras as obras de transformación que levará a cabo o Concello de Tomiño e que buscan “xerar novos espazos de encontro e convivencia atractivos para a veciñanza nos núcleos das parroquias ao tempo que se preserva e se pon en valor axeitadamente unha zona con importantes elementos patrimoniais”, como sinala a o concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto.

Trátase dunha actuación na contorna da igrexa parroquial de San Benito de Vilameán que conta xa coa autorización de Patrimonio na que se favorecerá o uso peonil seguro e se incorporarán novas zonas de estancia para un maior fluxo, uso e desfrute de nenos, nenas e maiores e que permitirá ademais a revalorización co carballo centenario que coroa o adro da igrexa, unha das árbores senlleiras destacadas de Tomiño. Ao abeiro deste proxecto crearase unha pérgola fronte ao edificio sociocultural repleta de glicíneas para xerar un espazo de sombra diante do inmoble, potenciando ese lugar de encontro e de lecer para a veciñanza.

Serán unhas obras respectuosas co medio e coa contorna na que se terá moi en conta minimizar calquera impacto visual. Por ese motivo, fronte ao muro de contención ao carón do torreiro construirase un entramado de madeira con especies vexetais trepadoras que naturalicen a zona e diminúan calquera alteración visual.  Ademais, as obras darán como resultado un espazo de plataforma única con preferencia peonil e substituirán o muro existente entre o torreiro norte e sur por unha pequena grada que suavizará o encontro entre ambos elementos e que servirá como lugar onde sentarse para ver actuacións e concertos nos días de festa.

Como colofón, mellorarase a iluminación xeral en toda a praza e empregaranse sempre acabados suaves, con cores naturais xa identificados con outros espazos públicos do concello que nos darán como resultado, como sinala o concelleiro, “un espazo público contemporáneo, máis humanizado no que as persoas son as protagonistas e que permite poñer en valor a arquitectura e o propio espazo realzando todas as boas cualidades da praza cunha iluminación personalizada”.

“Con este proxecto continuamos coa nosa aposta por crear espazos públicos nas parroquias que sexan accesibles e pensados para os veciños e veciñas, lugares deseñados para que a xente camiñe, pasee, desfrute... e para converter estas contornas nun punto de encontro neurálxico da parroquia que funcionará como lugar de convivencia”, salienta Pérez Souto.

O Concello de Tomiño consensuou esta intervención coas entidades da parroquia e coa propia comunidade de montes, que axudaron a definir o proxecto e a asegurarse de que a intervención é a axeitada para os usos que precisa a veciñanza.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí