Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TOMIÑO PRESENTA A PROGRAMACIÓN CULTURAL PRIMAVERA 2013

A programación cultural foi presentada no Concello. A exposición de Orlanda Gomes de Faria (Portugal) precederá a do escultor baixomiñoto Xuxo Malone.

Fecha: 04 de Abril de 2013

Fuente: Infomiño.com


A Concellaría de Cultura do Concello de Tomiño presentou no mediodía de onte a súa programación de primavera, centrada no teatro; unha aposta por seis grupos teatrais galegos, incluídos algúns da comarca e do propio municipio, coma é o caso da Escola Municipal de Teatro de Tomiño, que porá en escena dúas obras.

Coma complemento á programación teatral, organízanse tamén dúas exposicións artísticas. Por unha parte, a da pintora lusa Orlanda Gomes, titulada "Olladas de muller", e pola outra, a de Xuxo Malone, escultor baixomiñoto e autodidacta.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, sinalou durante a presentación da programación, na que estivo acompañada polos organizadores do Festival Primavera do Cine e pola pintora Orlanda Gomes de Faria, que o Concello quere apostar nesta tempada polo teatro, despois de facelo nas anteriores polo humor e a música tradicional, con moito éxito de público (máis de 1500 persoas no ciclo Humor Tomiño).

Así, a obra infantil "O libro máxico", de Migallas Teatro, abrirá a programación cultural de primavera o domingo 28 de abril ás 18.30 horas, con entrada de balde para o público infantil.

Seguiralle "Memorias dun neno labrego" (monólogo sobre o libro de Xosé Neira Vilas), da Compañía Abrapalabra, o sábado 11 de maio, ás 22.00 horas. A obra, para todos os públicos, terá unha entrada simbólica de tres euros.

O 18 de maio ás 22.00 horas, o grupo de teatro afeccionado Aloia, de Pazos de Reis (Tui), porá en escena a peza titulada "A vinganza da Petra". Para todos os públicos e de balde.

A Compañía Acontrabutaca traerá ata o auditorio goianés monólogos e skeetchs cómicos en  "Dous son Parella", o sábado 25 de maio ás 22.00 horas. Esta obra está indicada para maiores de 16 anos e a entrada custará 3 euros.

A programación continuará ao longo do mes de xuño, con dúas propostas ben diferenciadas. En primeiro lugar, o día 1, o dúo Alfonso Vallejo (Luis Iglesia B. e Xabier Deive) escenificará o espectáculo teatral "Gaivotas subterráneas". Este espectáculo está indicado para maiores de 13 anos e a entrada será de 3 euros.

Por último, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño protagonizará dúas pezas: "O pano da avoa" e "O nacemento do dragón". Con esta última proposta, prevista para as sete da tarde, darase por pechada a programación de primavera.

Exposicións
Dúas exposicións artísticas completan o programa cultural para os meses de abril, maio e xuño. Orlanda Gomes de Faria (nada en Madeira, Portugal, e residente en Tomiño) amosará a súa colección de pintura "Olladas de muller", entre o 5 e o 21 de abril (inauguración 5 de abril ás 20.30 hs.), de luns a domingo de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 19.30 horas. A pintora, presente na rolda de prensa deste mediodía, explicou que a súa mostra está composta por 16 óleos de estilo realista, entre os que hai bodegóns, flores, paisaxes, etc.

Pola súa banda, Xuxo Malone (artista autodidacta nado en A Guarda e veciño de Tomiño na actualidade) exporá "Imperfeccións", unha mostra escultórica  con diferentes técnicas (do 18 de maio ao 2 de xuño). A inauguración desta última mostra será o día 18 de maio ás 20.00 horas. Ambas exposicións poderán contemplarse no Auditorio de Goián.

Festival de cine
A estes eventos culturais hai que sumar o Festival Primavera Cine, que terá lugar os días 6 e 7 de abril no Auditorio de Goián (todas as pases son de balde) e do que se informou onte en nota de prensa.

Laura Pereira e David Esperón, de "reencantos producións", que tamén estiveron na rolda de prensa, manifestaron a súa satisfacción pola boa disposición amosada polo Concello de Tomiño para acoller a mostra cinematográfica, na que estarán presentes varios dos directores galegos que participan no festival.
 
FOTOGRAFÍAS
Fotografía
 
 
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones