Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño presenta a súa experiencia de compostaxe e coidado ambiental en Serbia e Bulgaria

O concello compartiu as súas prácticas medioambientais nunha reunión do proxecto BRIDGE na que participaron as once vilas tranfronteirizas implicadas

O concello compartiu as súas prácticas medioambientais nunha reunión do proxecto BRIDGE na que participaron as once vilas tranfronteirizas implicadas

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

As cidades de Slivnitsa (Bulgaria) e Dimitrovgrad (Serbia) foron, hai uns días, o escenario da 4ª reunión do proxecto Building Relationships into a Democratic Goal for Europe (BRIDGE). Alí, Ana Belén Casaleiro (concelleira de Medioambiente) e Sandra Alonso Fernández (técnica de Biorresiduos) do Concello de Tomiño presentaron a experiencia de compostaxe e coidado medioambiental levada a cabo polo concello nos últimos anos.

A xuntanza internacional, que foi organizada pola Asociación búlgara de Municipios do Suroeste (ASWM), centrouse nun tema específico: proxectos de éxito no ámbito das actividades sociais, culturais, ecolóxicas e civís. No que respecta a Tomiño, as súas representantes compartiron as actuacións medioambientais do Concello tratando, en primeiro lugar, o Plan de Implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Este plan, producto do proxecto “A axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación”, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, foi presentado polas tomiñesas como un plan de acción a nivel local que consistiu en: definir liñas estratéxicas para acadar os ODS polos principais actores de Tomiño; implementar un proceso de participación cos axentes locais; deseñar accións para levar a cabo nos vindeiros tres anos e crear os mellores indicadores para analizar o grao de contribución aos ODS.

Por outra banda, tamén presentaron o Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible, que ten como obxectivo reducir as emisións de CO2 en, polo menos, un 40% en 2030, e aumentar a resiliencia de cara ao cambio climático. Este plan foi aprobado en Tomiño, en 2020, e está en fase de monitorización, polo que este ano toca a súa primeira revisión.

A compostaxe foi outro dos puntos importantes tratados. Debido á obrigatoriedade de separar o lixo orgánico dende o 30 de xuño, o Concello animou á veciñanza a tratar os biorresiduos correctamente. Para iso, explicaron que Tomiño participa no programa REVITALIZA da Deputación de Pontevedra, creado en 2016 co obxectivo de transformar a materia orgánica a través da compostaxe.

Tamén trataron a importancia de organizar xornadas de divulgación e concienciación ambiental, dirixídas á cidadanía, que en Tomiño se centra na Semana do Medio Ambiente, organizada para explicar os proxectos que se van realizando dorante o ano, neste eido.

Ana Belén Casaleiro e Sandra Alonso concluíron a presentación dando conta da intención de expandir as liñas de cooperación transfronteiriza, actualizando a Axenda Estratéxica de Amizade Cerveira–Tomiño (2015), en base ás políticas urbanas da Unión Europea e dos ODS das Nacións Unidas.

Na reunión do BRIDGE participaron tamén representantes da Câmara de Vila Nova de Cerveira e doutros socios do proxecto, ademáis de autoridades públicas locais e nacionais, como a coordinadora da ASWM ou o alcalde da cidade serbia de Dimitrovgrad.

Financiado en 2019 pola Comisión Europea e coordinado polo municipio de Vila Nova de Cerveira (Portugal), o BRIDGE forma parte do programa “Europa cos cidadáns 2014-2020”, concretamente do capítulo “Compromiso democrático e participación cidadá”. O seu obxectivo é promover a cohesión social a través das fronteiras, polo que cada unha das once vilas implicadas debe desenvolver prácticas sólidas e eficaces de cooperación para compartilas con outros socios durante as reunións previstas.

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí