Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño protagoniza un obradoiro da facultade Ágora da Deputación para coñecer como recuperar espazo público para as persoas

Persoal técnico de diferentes concellos da provincia participará o vindeiro xoves 30 nunha visita ao municipio e analizarán as obras do Seixo, Figueiró e Goián

Persoal técnico de diferentes concellos da provincia participará o vindeiro xoves 30 nunha visita ao municipio e analizarán as obras do Seixo, Figueiró e Goián

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Junio de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

O Concello da Tomiño será o vindeiro xoves 30 protagonista dun dos ‘Obradoiros Ágora’ que está a desenvolver a Facultade Ágora da Deputación de Pontevedra para formar ao persoal técnico e político dos concellos da provincia co fin de recuperar espazo público para as persoas. Representantes de diferentes municipios visitarán o municipio miñoto para facer unha análise das obras realizadas nos últimos anos e aprender, xunto ao especialista Mateus Porto, cales son as mellores fórmulas para priorizar ás persoas fronte ós vehículos.

Segundo explica o deputado de Mobilidade e Espazo Público e concelleiro en Tomiño Uxío Benítez, o obxectivo dos "Obradoiros Ágora" é adquirir coñecementos técnicos de forma concreta e práctica, visibilizar como se vai plasmando a filosofía Ágora no espazo público dos "Concellos Ágora".

Durante a xornada aplicarase unha metodoloxía innovadora para que todas as persoas participantes tiren o máximo rendemento: haberá unha deriva de observación libre –na que cada persoa tirará fotografías de elementos salientables do espazo público local para logo comentar-, debate colectivo en grupo e visitas comentadas a espazos  reformados con solucións innovadoras. Falarase en xeral do ‘modelo Tomiño’ e entre as zonas que se analizarán estarán o núcleo do Seixo, a parroquia de Figueiró –onde se creou un núcleo de centralidade- e a zona de Goián, tres actuacións singulares que recollen a filosofía Ágora.

O "Observador Ágora", que estará presente e fará as súas achegas externas, será nesta ocasión o arquitecto Mateus Porto, quen xa participara como relator na anterior edición da Facultade Ágora falando de como facer “funcionar” vilas e cidades.

En xeral, a xornada de traballo servirá para aplicar conceptos teóricos adquiridos na primeira edición da Facultade durante o ano pasado. Quérense buscar solucións prácticas a necesidades que se repiten en todos os concellos: saber como repartir o espazo público, como utilizar criterios de deseño, como resolver interseccións, ou como xestionar o tráfico, entre outras cuestións. 

A falta de pechar a inscrición, está confirmado que asistirán ao obradoiro de Tomiño representantes políticos e técnicos de alomenos 10 concellos da provincia, así como persoal provincial responsable da redacción de proxectos de reforma urbana, e integrantes de consultoras que traballan para as administracións públicas, sendo a asistencia restrinxida para unha correcta celebración do evento dada a súa tipoloxía práctica.

O primeiro dos "Obradoiros Ágora" celebrouse o pasado día 16 en A Estrada e os seguintes serán en Ponteareas e Vilagarcía de Arousa despois do verán.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí