Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño recoñece os logros dos piragüistas Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez

O Concello ofreceu este venres unha recepción na que gabou as súas traxectorias, así como o labor que está a realizar Rodríguez coa canteira

O Concello ofreceu este venres unha recepción na que gabou as súas traxectorias, así como o labor que está a realizar Rodríguez coa canteira

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello organizou o pasado venres unha recepción aos piragüistas tomiñeses Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez, dous deportistas que están acadando importantes logros para este deporte a nivel nacional e internacional e que levan o nome de Tomiño por todo o mundo. “Estamos moi orgullosos e orgullosas da canteira que temos, do traballo que están a facer e da implicación coa que viven este deporte”, salientou a alcaldesa, Sandra González.

A rexedora gabou os últimos trunfos de Manuel Ochoa, que fixo historia ao acadar a medalla de prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo, coroándose como un dos mellores deportistas do mundo nesta categoría. Durante a recepción, González tamén o animou a seguir loitando polos seus soños. Un recoñecemento na súa propia terra que para Ochoa é “moi importante, porque ao final é de onde veño, onde comecei a adestrar e o que me preparou para a miña carreira e para os logros que estou obtendo”. “Agora as miñas miras están postas nos Xogos Olímpicos, un proxecto que sei que non é doado pero polo que loitarei ata o final. Sempre fun subindo chanzo a chanzo e continuarei facéndoo para que non se quede nun reto e que os meus soños se convertan en realidade”.

Sandra González tivo tamén unha verbas de eloxio para Emilio Rodríguez, “ao que lle dariamos o ouro non só polos seus logros deportivos, senón pola súa entrega e dedicación ao Club Deportivo Miño-Teixugos, polo seu cariño polos nenos e nenas, por crear unha canteira de luxo, por compartir cos demais a súa paixón por este deporte e por facelo sempre dun xeito desinteresado”. Como aseguraba Emilio Rodríguez, “para nós é unha alegría que recoñezan o labor e o esforzo que facemos para chegar a todos os nosos retos. E é impresionante o agarimo que recibimos de toda a xente, que ven como tratas aos nenos e nenas e como van crecendo pouco a pouco como deportistas e persoas dentro do club”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí