Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño recupera a aula aberta do Río Furnia

Tomiño instala novos paneis explicativos, na Aula Aberta da Natureza do Río Furnia, afluente do Miño que conta cun dos ecosistemas máis representativos de Galicia.

A Aula Aberta conta con 2 kilómetros de percorrido (ida e volta), de dificultade baixa, ao longo dos que poden atoparse máis de 20 especies de árbores e arbustos e 60 de pequenas plantas

Fecha: 12 de Julio de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño instala novos paneis explicativos, na Aula Aberta da Natureza do Río Furnia, afluente do Miño que conta cun dos ecosistemas máis representativos de Galicia.

Os novos paneis que guiarán ao visitante, incorporan elementos naturais e etnográficos e están elaborados integramente en lingua galega, có apoio da Deputación de Pontevedra, a través dun programa de subvencións para a dinamización da lingua.

A Aula Aberta do Río Furnia conta con 2 kilómetros de percorrido (ida e volta), de dificultade baixa, ao longo dos que poden atoparse máis de 20 especies de árbores e arbustos e 60 de pequenas plantas e fentos. Ademais, reúne elementos etnográficos de gran valor histórico, como son antigas pontes, muíños fariñeiros e levadas.

"O Concello de Tomiño considera de gran importancia ter unha Aula Aberta que a través de paneis explicativos, axude a coñecer e valorar o ecosistema e biodiversidade existente ao redor dos nosos ríos", explica Mª Xosé Vázquez, delegada municipal de Medio Ambiente.

Con tal fin, a concelleira, acompañada de Xosé María Regueiro, ex-concelleiro e gran coñecedor do patrimonio natural e etnográfico da zona, ofreceu hai uns días, unha charla explicativa con proxección dun vídeo, comentando as características da ruta e da intervención realizada.

¿Cómo chegar?

Acceso dende a PO-552 a altura de Amorín na entrada ó Campo de Fútbol e Cemiterio.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí