Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño redeseña a programación cultural e xuvenil para este verán

Actividades de lecer para a mocidade e culturais para todos os públicos

Actividades de lecer para a mocidade e culturais para todos os públicos

Fecha: 03 de Julio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

O Departamento de Cultura do Concello de Tomiño, por mor da pandemia do Coronavirus, tivo que cancelar actuacións que estaban programadas cando se declarou o Estado de Alarma.

Agora, "como entidade local comprometida coa cultura, amosamos o noso apoio e compromiso, mantendo as contratacións inicialmente canceladas, buscando novas datas para as mesmas e programando novos espectáculos de cara a este verán e ao outono/inverno 2020", explica Ana Isabel Fernández Carrera, concelleira de Cultura.

A programación que se ofrece cumpre cos requisitos necesarios para garantir a seguridade, protexer a saúde e minimizar o risco de contaxios.

Deste xeito, a axenda arranca co concerto de De Vacas; música, ironía, talento e creatividade a raudais. Mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos. O concerto terá lugar o venres 3 de xullo na praza do Seixo, ás 22.30h.
En xullo, os nenos e nenas poderán gozar xunto coas súas familias de cinema ao aire libre na praza do Seixo coa proxección durante dous venres alternos (17 e 31 ás 22.30h ) de cinema infantil/familiar.

En agosto inaugúrase a programación do mes, con "PUNKDEMIA", o novo espectáuclo da compañía Peter Punk Pallaso, pensado e creado para todas as normalidades. Un espectáculo viral e divertido adaptado a todas as medidas de seguridade e hixiene recomendadas polas autoridades sanitarias. Terá lugar sábado 8 de agosto ás 21h na praza do Seixo.

No mesmo sitio, o venres 14 ás 22.30h poderase gozar do concerto de Brassica Rapa, un grupo de ventos e percusión formado integramente por razapas, que ten como finalidade a visibilización da muller no mundo do espectáculo. A través dun repertorio variado de diferentes estilos que van dende grandes éxitos do pop a bandas sonoras de películas ou cancións reivindicativas , forman unha agrupación versátil e dinámica.

O 21 de agosto, nenos, nenas e maiores poderán desfrutar do espectáculo de teatro ACUARIO, tamén na praza do Seixo ás 21h. Baseado no libro de poemas de María Canosa que leva o mesmo título, o seu obxectivo é que a xente miúda da casa se achegue á poesía en lingua galega, á vez que aprende os nomes dos peixes e descobre a riqueza biolóxica (e gastronómica) do noso litoral. Todo isto faise dun xeito ameno e divertido grazas á presenza dos vistosos monicreques, dos actores que lle imprimen humor e dinamismo á actividade, da música e dunha escenografía sinxela e á vez atractiva. Acuario é un conxunto de versos doados e musicais que en ningún momento esquecen o seu propósito didáctico: amosar a maxia do noso patrimonio lingüístico...e mariño.
Pecha o mes de agosto, o venres 28, un concerto da Agrupación Musical de Goián na praza do Seixo, ás 22.30h.

IMPORTANTE: todas as actividades culturais son de balde pero é necesario reservar entrada chamando previamente ao 986622001 (máximo 5 lugares por persoa).


PROGRAMACIÓN DE VERÁN DA OMIX

Con respecto á Programación de verán da OMIX, todos os mozos e mozas poden inscribirse nos cursos de verán que oferta a oficina municipal:

OBRADOIRO SILVESTRE DE PRENSADO DE FLORES (6 horas)
Neste obradoiro realizarase un paseo no exterior, recolectando flores e prantas da nosa contorna, e aprenderase todo o proceso de secado das flores cunha prensa de madeira que se ensinará a construír. Traballarase tamén na selección e composición das flores para crear o propio mini xardín nun bastidor. É unha moi boa ocasión para traballar a mirada e a creatividade mentres se goza dunha actividade ao aire libre.
Datas de realización: xoves 16 e 23 de xullo, de 10 a 13h

CURSO DE FOTOGRAFÍA (8 horas)
O curso de fotografía estará baseado na iniciación á fotografía, onde se aprenderá a utilizar a cámara en modo manual para sacarlle o máximo partido e realizar as mellores fotografías. Todas as clases serán no exterior para que o alumnado practique coa cámara en todo momento.

Datas de realización: luns 27 e mércores 29 de xullo, e luns 3 e mércores 5 de agosto, respectivamente, de 10 a 12h.

As inscricións deben facerse na web municipal (www.tomino.gal) e pódese solicitar máis información no whatsapp 604 062 369 ou nos correos electrónicos omix@tomino.gal e educacion@tomino.gal

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones