Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tomiño reforma o salón de plenos para facelo accesible e multifuncional

A reforma será inaugurada o vindeiro día 21, coa celebración dunhas xornadas europeas de cooperación transfronteiriza

A obra, que tivo un coste de 200.000 euros, incluíu a creación dun novo acceso, directo dende a Praza do Seixo, aproveitando a existencia dun calexón de servizo sen uso.

Fecha: 17 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

O Concello de Tomiño está a rematar as obras de reforma do Salón de Plenos, para facer del un espazo accesible e dotado de mellores servizos.

O anterior salón, cuxa reforma afrontouse cunha partida de 200.000 euros, procedente da Deputación de Pontevedra (Plan Concellos), non estaba adaptado a persoas con discapacidade funcional ou mobilidade reducida. Unicamente se situaba ao nivel da planta baixa a zona dos concelleiros, estando o resto do salón a un nivel inferior, non accesible a todos os cidadáns por ningunha das portas existentes.

A superficie do salón rolda os 120 metros cadrados, un terzo, aproximadamente, da superficie total do Concello, razón pola cal decidiuse crear un novo acceso directo, dende a Praza do Seixo, aproveitando a existencia dun calexón de servizo sen uso. Deste xeito, o público que acude aos actos organizados na praza, poderá acceder directamente ao salón de plenos, que a partir de agora, dedicarase tamén a actos culturais, lúdicos, xornadas de formación, etc.

Segundo explica un dos arquitectos responsables da reforma, Perfecto Cendón, "a finalidade deste proxecto era definir as obras de acondicionamento da estancia, aproveitando a oportunidade de incorporar o acceso ao Concello e salón de plenos dende a praza, coma unha unidade de equipamiento, mellorando a súa relación coa contorna inmediata e dándolle un novo sentido ao calexón de acceso".

Datos técnicos
Entre os condicionantes aos que se deu resposta, figuran a subida do forxado do salón, á cota do resto do edificio, e reurbanización do calexon norte, facendo del un novo acceso.

O novo salón de plenos dispón dun armario lonxitudinal corrido, integrando nel os pilares de formigón, e servindo como soporte para as actividades que se realizarán no espazo. O teito levantouse, ce revestiuse cun taboleiro de madeira contrachapada, que da continuidade á parede este, e reduce a reverberación do local.

A reforma incluíu tamén a instalación dun novo sistema de iluminación e revestimento cunha tarima de madeira, do pavimento da zona de concelleiros. Asemade, abríronse dúas ventanas para iluminación natural na fachada sur, e dúas corredoiras que permiten o oscurecemento do salón, no caso de proxeccións ou reportaxes fotográficas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones