Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño reivindica a igualdade nas aulas e sobre o escenario no Día Internacional da Muller

O Concello organiza unha ampla programación para conmemorar o 8M que incluirá talleres formativos para máis de 300 escolares baseados na información recollida no Estudo-Diagnose sobre Igualdade e Violencia Machista no ámbito educativo

O Concello organiza unha ampla programación para conmemorar o 8M que incluirá talleres formativos para máis de 300 escolares baseados na información recollida no Estudo-Diagnose sobre Igualdade e Violencia Machista no ámbito educativo

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Marzo de 2024

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño quenta motores para seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva este 8M, Día Internacional da Muller. O Concello prepara unha ampla programación na que obradoiros, teatro e arte audiovisual compartirán protagonismo para visibilizar a importancia de garantir e defender dereitos, rachar desigualdades e romper calquera teito de cristal. “Un ano máis deseñamos unha oferta ampla e aberta a todos os públicos, nos que implicar a veciños e veciñas de todas as idades, porque a igualdade nos involucra e depende de todas e todos”, salienta a alcaldesa, Sandra González.

A programación do Día Internacional da Muller en Tomiño contempla este ano un eixo de vital importancia: a educación nos centros escolares das xeracións do futuro. Tras a información recollida no Estudo-Diagnose sobre igualdade de xénero e violencia machista no ámbito educativo, o Concello puxo en marcha varios talleres formativos nos que participarán máis de 300 nenos de diferentes centros educativos e do IES Antón Alonso Ríos. Deste xeito, impártese un obradoiro sobre ‘Masculinidades diversas’ no que o alumnado de 6º de Primaria poderá tomar conciencia sobre como os modelos de xénero inflúen na vida e nas relacións e achegarse a unha mirada crítica e positiva sobre a necesidade de observar que modelo de xénero queren ser.

O alumnado de 2º da ESO ‘Navega en positivo’ cun taller para un uso responsable das redes sociais dende unha perspectiva de xénero, buscando a reflexión sobre as desigualdades, as identidades, a privacidade ou a seguridade en liña, fomentando o emprego responsable de internet e previndo situacións de risco. Para rematar, o estudantado de 1º e 2º de Bacharelato participan na charla ‘Falemos de sexo’, un proxecto de educación afectivo-sexual con enfoque de xénero para adolescentes co que favorecer unhas relacións afectivo-sexuais máis xustas e igualitarias, desmitificar a pornografía ou reflexionar dende o punto de vista do benestar sobre algunhas emocións vinculadas ao desexo como poden ser os celos, o amor posesivo ou a concepción romántica do amor.

A programación continuará co bloque de actividades ‘Centradas en nós’, unha serie de obradoiros pensados por e para mulleres. O primeiro será o propio venres 8 de marzo cun taller de saúde feminina, un lugar de encontro no que abordar dous temas como a menopausia e o solo pelviano aberto a todas as mulleres para mellorar o coñecemento sobre a anatomía, funcionamento e coidado desta zona, educar sobre a importancia da autoexploración, concienciar sobre a súa importancia e principais patoloxías e achegar recomendacións e hábitos saudables para previr disfuncións. Será unha interesante charla de balde a partir das 10.30 horas no salón de plenos do Concello con entrada libre ata completar aforo.

O 9 de marzo a formación volverá gañar protagonismo coa celebración dunha nova sesión do segundo curso de autodefensa por e para mulleres, que cada sábado dende o 3 de febreiro ata o 30 de marzo permite ás participantes adquirir unhas habilidades básicas para previr ou defenderse en caso de afrontar situacións violentas. Esa mesma tarde A Salgosa acollerá ás 17.00 horas un obradoiro de autoestima, un taller de hora e media de duración no que aprender a construír o amor propio coas técnicas máis avanzadas e efectivas de autocoñecemento.

Coa ‘Escena en feminino’ o 8M tomiñés subirase ao escenario con actividades centradas nas artes escénicas. O propio Día Internacional da Muller, nas redes sociais municipais poderá verse ‘Actuando para acadar a igualdade’, unha peza audiovisual protagonizada polo alumnado da Escola de Teatro municipal. Xa o sábado 9, o teatro para público adulto toma o relevo con ‘Que din as rumorosas’, unha comedia de Arctyc de creación colectiva na que cinco actrices e unha bailarina sobreviven titanicamente ao día a día de ser muller... e artista. Será ás 21.00 horas no Auditorio de Goián con entradas a 5€ que poderán adquirirse unha hora antes da obra no propio despacho de boletos do auditorio.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí