Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño saca a licitación a instalación de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos

Terán 8 prazas situadas no Seixo e en Goián. A empresa concesionaria terá que pagar un canon mínimo de case 570?

Terán 8 prazas situadas no Seixo e en Goián. A empresa concesionaria terá que pagar un canon mínimo de case 570?

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Mayo de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Ao abeiro da estratexia para camiñar cara a unha economía baixa en carbono, eliminando de maneira progresiva o emprego de combustibles fósiles e reducindo as emisións, Tomiño vén de sacar a licitación a concesión para a instalación, xestión e mantemento de dous puntos de recarga de vehículos eléctricos. 

Estes dous puntos situaranse en espazos públicos de aparcadoiro gratuítos, con catro prazas situadas no núcleo urbano do Seixo e outras catro en Goián. A empresa concesionaria deberá facilitar a carga e o pago de servizos de forma dixital a través dunha aplicación móbil, ofrecendo as instrucións e pasos a seguir e dando a información que se poida precisar durante a recarga, como a enerxía consumida, a potencia instantánea, o tempo de recarga...

Os puntos de recarga saen a licitación por un canon anual mínimo de case 570 euros, aínda que entre os criterios de adxudicación valoraranse as ofertas económicas máis vantaxosas, así como o mellor proxecto de implantación proposto. A concesión realizarase por un prazo de 12 anos prorrogable por períodos anuais ata un máximo de 20 anos. As entidades e empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 19 de maio.

Trátase dunha proposta que busca facer de Tomiño un municipio máis ecolóxico, eficiente e sostible, sentando os alicerces “para crear unha infraestrutura pública para recarga de vehículos situadas en zonas de estacionamento público e gratuíto e incentivando á veciñanza, fomentando o uso de enerxías limpas e a renovación do parque móbil como referente de sustentabilidade ambiental”, como salienta a alcaldesa, Sandra González.

A instalación destes novos puntos de recarga en espazos públicos, que busca unha mellora da eficiencia enerxética e unha mobilidade urbana sostible, é unha iniciativa que  forma parte dos obxectivos do Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía (PACES), unha iniciativa europea na que participa Tomiño na que gobernos locais e rexionais se comprometen a cumprir diferentes obxectivos que favorezan a transición cara a unha economía baixa en carbono.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí