Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño súmase á protesta polos parques eólicos proxectados na Serra da Groba

O goberno local presenta alegacións e esixe a paralización do proxecto Albariño I que afecta aos concellos de Baiona, Oia e Tomiño

O goberno local presenta alegacións e esixe a paralización do proxecto Albariño I que afecta aos concellos de Baiona, Oia e Tomiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

En dúas sesións plenarias do concello xa se analizara a problemática relativa á implantación de futuros parques eólicos tanto na Serra da Groba como a nivel da  comunidade autónoma  por considerar “opaco” o modelo seguido na adxudicación e tramitación dos devanditos parques. Paralelamente, esixe á Consellería de Industria a paralización dos proxectos en marcha, e a modificación da normativa que os regula. Perante a recente publicación e exposición pública do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) declarado de utilidade pública, “Albariño I”, emprazado nos concellos de Baiona, Oia e Tomiño, o Concello de Tomiño vén de presentar unha detallada serie de alegacións á construción de ditas instalacións.

 

O goberno local que encabeza Sandra González, demanda á Xunta que desenvolva un novo marco regulatorio que incremente as garantías sociais, económicas e medioambientais, comezando por deseñar un novo Plan Eólico que conte cunha maior participación de axentes (asociacións veciñais, agrarias, ecoloxistas, comunidades de montes, etc.) e cun amplo proceso de exposición pública co fin de suscitar o maior consenso posible.

 

Incrementar a vixilancia sobre as garantías medioambientais, paralizar todos os proxectos incluídos dentro de áreas propostas para a ampliación da Rede Natura; impulsar un proceso participativo e promover unha oficina específica con servizos presenciais e telemáticos, son só algunhas das peticións do Concello de Tomiño, en cuxo territorio afectarán máis directanmente 2 dos 6 aeroxeneradores do Parque Eólico Albariño I; unha subestación transformadora, un edificio de control e parte da conexión soterrada entre estas construcións e as torres. “Mais as afeccións hai que medilas en conxunto, tanto do proxecto completo do Albariño I como a suma dos que están proxectados na mesma Serra, pois a Serra non entende de límites municipais” recorda a rexidora.

 

Así mesmo, o Concello amosa total disconformidade co alcance do inventario ambiental incluído no Estudo de Impacto Ambiental do proxecto, considerando insuficiente o estudo e a protección dos recursos e elementos hidrolóxicos e solicitando un estudo máis completo, que promova por exemplo, a mellora do estado dos ecosistemas e o uso sostible das augas. Tamén considera insuficiente a valoración do impacto que o suposto parque eólico causaría na vexetación e na fauna, especialmente en especies protexidas ou ameazadas (aves, quirópteros, anfibios, réptiles, etc.); e destacando tamén a cercanía da Zona de Especial Protección das Aves do “Esteiro do Miño”.

Por último, o goberno de Tomiño salienta a grave afectación que o parque causará na paisaxe da Serra da Groba; unha zona clasificada como Área de Especial Interese Paisaxístico.

 

Todos os municipios afectados, tanto do Baixo Miño como do Val Miñor, teñen exposto o seu rexeitamento a implantación destes parques eólicos na Groba, e están dispostos a traballar conxuntamente para a súa paralización, como se puxo de manifesto na última concentración en Baiona o xoves 18, na que acudiron representantes dos 8 concellos das dúas comarcas.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí