Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño súmase ao -apagón- para concienciar sobre o cambio climático

A Casa do Concello apagou este luns as súas luces para sumarse á acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no Día do Medio Ambiente

A Casa do Concello apagou este luns as súas luces para sumarse á acción convocada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade no Día do Medio Ambiente

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Junio de 2023

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño uniuse este luns 5 ao -apagón- convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Dende as 23.00 horas, o Concello suspendeu a iluminación pública na Casa Consistorial e a Praza do Seixo para concienciar sobre o consumo de enerxía. Trátase dunha acción encadrada no proxecto europeo -People and Planet-, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Aínda que en Galicia o consumo eléctrico se mantivo estable en 2021, segue a ser un tema preocupante na actualidade polo seu impacto ecolóxico pero tamén na economía das familias, de aí que se deba continuar fomentando o aforro de enerxía, sen deixar de lado a visión crítica sobre os actuais sistemas de produción.

O apagón ambiental proposto polo Fondo Galego é unha das máis de 50 actividades que se están a impulsar nos concellos socios dentro do proxecto -People and Planet-, que van desde accións de rúa como a comunicación de guerrilla na que tamén participa Tomiño ata obradoiros de cociña sostible, debuxo urbano, exposicións virtuais, concursos... O proxecto -People and Planet- ten por obxectivo concienciar a mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí