Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño transformará República Arxentina cunha senda peonil e ciclable entre o IES e O Seixo

A rúa mellorarase con beirarrúas de case 4 m de ancho totalmente accesibles e con 53 árbores que crearán sombreado en todo o camiño

A rúa mellorarase con beirarrúas de case 4 m de ancho totalmente accesibles e con 53 árbores que crearán sombreado en todo o camiño

Etiquetas del contenido

Fecha: 08 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Tomiño segue dando pasos cara adiante no proceso de transformación do modelo urbano do municipio. Neste camiño, o Concello comezará en breve as obras para mellorar a conectividade entre os equipamentos públicos da rúa República Arxentina e a zona de preferencia peonil do Seixo. O resultado será unha senda peonil e ciclable de arredor de 650 m que comezará na contorna do IES Antón Alonso Ríos e coa que se fomentará e favorecerá unha mobilidade alternativa “en espazos seguros, amables, de calidade e pensados para as persoas”.

“Con esta remodelación motivaremos a todos os veciños e veciñas a acudir a pé ou en bicicleta á Casa da Cultura, ao centro de saúde... e fomentaremos ademais que os rapaces e rapazas vaian camiñando ata o instituto”, salienta a alcaldesa, Sandra González. O resultado será unha senda cunhas beirarrúas amplas de entre 3,5 e 4 metros de ancho e totalmente inclusivas. “Cumprimos así o noso compromiso co Centro de Día e coa Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade de que o acceso ao centro da vila sexa 100% accesible para todas as persoas”, recalca a rexedora.

A transformación incluirá tamén a mellora do alumeado público existente, modernizándoo e garantindo a súa eficiencia enerxética, con 39 báculos e 78 luminarias tipo LED de alta eficiencia para iluminar viario e senda. Levarase a cabo ademais a plantación de 53 árbores para crear un espazo de sombreado en todo o percorrido, instalarase novo mobiliario urbano e crearanse dous novos pasos elevados que reducirán a velocidade dos vehículos na vía.

Por outra banda, o Concello colaborará coas traídas veciñais para renovar o servizo de abastecemento de auga durante as obras, nas que se reformará tamén a rede de saneamento e se modificará a instalación de pluviais. Neste traballo por dar unha maior vistosidade a unha das principais vías de acceso ao centro da vila, o Concello tamén chegou a un acordo coa operadora eléctrica para construír as infraestruturas para soterrar as instalacións aéreas do cableado, tarefa que será asumida de forma integral polo Goberno municipal.

“Queremos seguir recuperando espazos para as persoas, pensados para os veciños e veciñas, creando lugares deseñados para que a xente camiñe, desfrute, pasee, merque... A remodelación desta rúa forma parte dese proxecto transformador”, explica a alcaldesa, Sandra González.

A obra, que suporá un investimento de máis de 415.000 euros, foi un dos sete proxectos seleccionados polo plan Ágora da Deputación de Pontevedra, que busca impulsar a recuperación de espazos públicos para as persoas. A través desta liña de subvención financiarase o 20% dos traballos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí