Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño, un dos primeiros concellos de Galicia en presentar o seu plan para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sustentable

A ferramenta, presentada no Concello, é o resultado dun estudo e diagnose previa, no que se recolleu a opinión de numerosos colectivos sociais

A ferramenta, presentada no Concello, é o resultado dun estudo e diagnose previa, no que se recolleu a opinión de numerosos colectivos sociais

Etiquetas del contenido

Fecha: 10 de Junio de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A cidadanía tomiñesa percibe como puntos positivos no seu concello o interese e dinamismo en actividades educativas, a existencia dun forte sistema de gobernanza e planificación municipal e de espazos de diálogo e participación cidadá. Tamén son ben valoradas as alianzas transfronterizas e o enfoque de inclusión social.

Por outra banda, existe a percepción cidadá de que hai unha maior concentración de actividades no núcleo urbano, en comparación coas áreas rurais; tamén da necesidade de incrementar as actividades de divulgación e sensibilización, e de fortalecer as relacións coas entidades locais.

Así o reflicte o Plan para a Implementación dos ODS do Concello de Tomiño, presentado esta mañá á cidadanía no Concello, que establece unha serie de accións concretas a curto, medio e longo prazo a nivel local para o período 2022-2024, dentro da Axenda 2030.

Os técnicos encargados da redacción da nova ferramenta expuxeron a mesma ante a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, varios concelleiros do goberno e da oposición, técnicos da Eurocidade e algúns representantes das asociacións coas que se traballou. Así mesmo, estivo presente Carmen Novas, do Fondo Galego de Cooperación; organismo que promoveu o proxecto, co apoio da Xunta de Galicia e do Concello. A responsable de comunicación do Fondo, salientou o feito de que Tomiño sexa un dos concellos pioneiros en redactar este plan de acción para alcanzar os obxectivos de desenvolvemento sustentable.

Pola súa banda, González agradeceu a tarefa realizada, cualificando o documento coma “unha folla de ruta moi interesante que axudará a marcar as liñas a seguir nos vindeiros anos, xunto a outros plans estratéxicos nos que levamos traballando dende hai tempo” (Plan Estratéxico con Cerveira, Axenda Urbana, Plan de Igualdade, etc.).

A Análise-Diagnose sobre a situación de Tomiño con respecto á súa contribución e aliñamento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a Axenda 2030, foi realizado en base a unha metodoloxía participativa que combinou a revisión documental con encontros e entrevistas cos/as principais actores do concello (asociacións, comunidades de montes, partidos políticos, etc).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí