Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño volve mollarse polos ríos participando na limpeza simultánea impulsada por Adega

A actividade celebrarase o luns 26 de setembro ás 10.30 h co obxectivo de implicar ao alumnado tomiñés

A actividade celebrarase o luns 26 de setembro ás 10.30 h co obxectivo de implicar ao alumnado tomiñés

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Septiembre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Un ano máis o Concello de Tomiño implícase coa limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro do Proxecto Ríos. Será participando na iniciativa ‘Móllate polos ríos’, unha xornada de retirada de lixo á beira do río coa que se busca concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos de residuos os cursos fluviais do municipio como premisa para garantir a súa saúde. Nese camiño cara a sensibilización, o Concello celebrará este ano a xornada o luns 26 de setembro para acadar unha maior implicación do alumnado tomiñés.

A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, convida a toda a veciñanza e a grupos ou asociacións a que se unan á vixésimo quinta edición desta iniciativa que en quendas anteriores mobilizou a miles de voluntarios e voluntarias e nas que se retiraron decenas de toneladas de residuos. Máis información na web  https://proxectorios.org/projects/xv-limpeza-simultanea-de-rios-mollate-polos-rios/).

A actividade está aberta a todos os públicos. Todas as persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da páxina web do Concello. Mentres, as asociacións e centros educativos que desexen implicarse poderán facer a súa inscrición a través do correo electrónico tecnica.medioambiente@tomino.gal ou chamando ao teléfono 986 62 20 01, extensión 6. Se algún grupo está interesado en participar outro día diferente, pode e debe comunicalo, para facilitarlle material e organizar a xestión do recollido.

Recoméndase levar roupa cómoda para camiñar, protección solar en caso de que o tempo o demande e gorra e calzado para a auga ou de recambio por se se molla durante a actividade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí