Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tomiño xestiona máis de 6000 incidencias mediante a plataforma -Línea Verde-

Nestes dous últimos dous anos, o 62.32% das incidencias foron realizadas a través da App móbil , o 3,71 % a través da páxina web municipal e un 33,97 % séguense comunicando a través do rexistro do Concello

Nestes dous últimos dous anos, o 62.32% das incidencias foron realizadas a través da App móbil , o 3,71 % a través da páxina web municipal e un 33,97 % séguense comunicando a través do rexistro do Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Abril de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

A plataforma “Línea Verde” posta en marcha polo Concello de Tomiño hai pouco máis de dous anos, rexistrou nese período de tempo máis de 6.000 incidencias chegadas dende todas as parroquias do municipio. A día de hoxe pecháronse 5761 incidencias (92,38 %), estando en trámite 475 (7,62%).

“Línea Verde” é unha ferramenta de comunicación directa que permite aos veciños e veciñas comunicar incidencias acontecidas no municipio tales como luces fundidas, fochancas no pavimento, lixo na rúa ou mobiliario público deteriorado, entre outras. De todas as comunicacións recibidas da veciñanza, a maior parte (36,57%) corresponden a avarías no alumeado público.

O Concelleiro de Obras e Acción Rural, Alexandre Pérez Souto, precisa que o 62,32% das incidencias son realizadas a través da App móbil, o 3,71 % mediante a web municipal e o 33,97% restante comunícase no rexistro do Concello, tanto presencialmente, como por teléfono. Así mesmo, comenta que coa incorporación de novo persoal contratado dentro do Plan Concellos, estase acelerando a súa resolución.

Desde a súa posta en marcha en marzo do 2020, a App rexistrou máis de 6000 incidencias, resolvéndose 9 de cada 10. Algunhas adoitan arranxarse en poucos días, como as avarías no alumeado público, que representan un terzo do total. Cada mes o sistema rexistra unha media de entre 200 e 300 notificacións, unha cifra que aumenta especialmente nos meses de inverno debido ás tormentas e avarías que estas causan no tendido eléctrico. Do mesmo xeito, apréciase unha tendencia ascendente debido ao maior coñecemento da aplicación por parte da veciñanza, que a emprega cada vez máis, grazas á súa utilidade e sinxeleza.

Comezar a empregala é moi sinxelo para o usuario. Tan só é necesario descargar a app ‘Línea Verde’, de xeito gratuíto, a través de Google Play ou da App Store, e seleccionar o municipio de Tomiño. Para comunicar unha nova incidencia soamente hai que premer no botón ‘Nova incidencia’, escoller a súa tipoloxía, enviar a ubicación e achegar unha foto e explicación breve sobre o problema. 

Este proceso de dixitalización tamén foi asumido polo persoal do Concello; unha vez que o cidadán envía unha notificación, esta chega á tablet de cada equipo de traballo en función da natureza da incidencia, e nese momento inícianse os trámites para resolver o problema en cuestión. “Este sistema facilita moito o traballo do persoal municipal, xa que permite organizar a resolución das tarefas dun xeito moito máis eficiente, ademais de proporcionar moitos datos e estatísticas a tempo real”, comenta o concelleiro. Unha vez completado o proceso, o cidadán recibe unha notificación no seu móbil informando que a incidencia foi solucionada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí