Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Toñi Vicente, pioneira da nova cociña galega, presenta o seu primeiro libro en Tomiño

Na edición do volume, de máis de 200 páxinas a toda cor, con prólogo de Juan Mari Arzak e fotos de Xulio Gil, a tomiñesa reúne receitas tradicionais e de alta cociña

Na edición do volume, de máis de 200 páxinas a toda cor, con prólogo de Juan Mari Arzak e fotos de Xulio Gil, a tomiñesa reúne receitas tradicionais e de alta cociña

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Marzo de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

A recoñecida chef tomiñesa Toñi Vicente presentou este sábado o seu primeiro libro, “A miña cociña”, que contou coa colaboración do Concello de Tomiño. A praza do Seixo foi a escollida para celebrar un acto sinxelo mais tamén emotivo e entrañable, que serviu tamén como homenaxe especial aos seus pais, Delmiro e Antolina, dos que aprendeu a amar a cociña de calidade feita con produtos da zona. No acto estivo acompañada pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o fotógrafo do libro, Xulio Gil, e o editor José Luis Teófilo, de Teófilo Edicións.

“Toñi é sen dúbida un orgullo para todas e todos nós, unha pioneira en poñerlle á alta cociña rostro de muller, e que aínda alcanzando o máis alto prestixio internacional nunca renegou de Tomiño e sempre o tivo moi presente alí a onde foi”, comenta González.

Antes de comezar coas receitas, a chef, que conseguiu en 1989 a primeira estrela Michelín galega co seu restaurante Síbaris, reflexiona sobre os seus primeiros pasos na cociña, evocando a súa feliz infancia marcada pola existencia do restaurante familiar no que viu cociñar á súa nai con gran destreza. “Este libro é unha homenaxe a miña nai, esa muller coa que descubrín os primeiros acubillos e sabores da miña vida”, comenta.

Vicente explica que os pilares da súa cociña, “unha cociña próxima e contundente”, son a calidade da materia prima (carnes, hortalizas, peixes e mariscos) do país e a simplicidade unida á tradición. “A vangarda está nas inquedanzas, na procura do cociñeiro, na súa imaxinación que, ben expresada, pode ser a arma máis poderosa para crear ilusións...máis é preciso non esquecer a tradición e as raíces. A miña cociña bebe da tradición pero tamén investiga e crea cousas novas”.

Traxectoria

Toñi Vicente iníciase na cociña con tan só 7 anos, da man da súa nai, xunto aos seus 5 irmáns e o seu pai, gran mestre de cerimonias no restaurante Casa Delmiro. En 1982 inaugura en Vigo o “Síbaris”, co seu marido Camilo Pardo. A chef comeza pronto a recoller numerosas distincións pero non é até 1989, cando consigue a primeira estrela Michelín outorgada a un restaurante galego. Esta distinción, que máis tarde revalidaría en Santiago de Compostela, foi un antes e un despois na súa fulgurante carreira. Comezou a preparar ceas e comidas para os presidentes de España, Portugal e Galicia; o Premio Nobel Camilo José Cela; cruceiros de luxo e un amplo etcétera.

Entre os seus importantes galardóns figuran o primeiro Challenge Européen de la Gastronomie, viguesa distinguida, a medalla de prata de Galicia e o Premio Nacional de Gastronomía, entre moitos outros. Actualmente está retirada dos fogóns e reside de novo en Tomiño, feito que lle permitiu reunir o tempo necesario para preparar a publicación do seu primeiro libro de receitas.

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí