Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Treixadura actúa este sábado en Tomiño

-Vendima tarda- é o sexto e último traballo discográfico co que a formación celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística

-Vendima tarda- é o sexto e último traballo discográfico co que a formación celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística

Fecha: 28 de Julio de 2017

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

O recoñecido grupo de música folk "Treixadura" pecha o ciclo o Son da Praza do mes de xullo en Tomiño.

A formación musical, que mestura o canto coa gaita, presentará o vindeiro sábado, 29 de xullo, na Praza do Seixo, 22.30 horas, "Vendima tarda", o sexto e último traballo discográfico co que a formación celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística, un disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando elevar a música tradicional ao máximo nivel.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e vida en común, compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

O grupo, considerado un dos mellores de Galicia fai un oco na súa axenda para visitar Tomiño o vindeiro sábado, antes de levar o seu espectáculo á Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, Riveira, Mondariz, Viveiro, Astorga e Boi Morto (Festival da Luz), entre moitos outros puntos do país.

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, agarda que o nivel de asistencia do público sexa tan bo coma está sendo en cada unha das citas culturais organizadas polo Concello este verán.


CINE NA RÚA: TROLLS. PRAZA DA MINA. 22.30 HORAS


Tamén chega a súa fin o ciclo "Cine na Rúa", que traerá, mañá venres 28 de xullo, a película "Trolls", para público infantil e familiar. A cita é na Praza da Mina, ás 22.30 horas.


Dos creadores de 'Shrek', 'Trolls' é a nova película de animación baixo o selo da compañía DreamWorks Animation e distribuída por 20th Century Fox. A longametraxe relata a curiosa historia dunhas apracibles e divertidas criaturas que se pasan a vida cantando, bailando coas súas coloristas vestimentas e os seus alegres peiteados. Pero non todo é diversión e entretemento no Poboado Troll, porque terán que convivir cos pesimistas e oscos Bergens, uns personaxes que representan todo o contrario aos ideais que eles teñen por bandeira, e que só son felices cando teñen a un Troll dentro do estómago.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí