Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tres medallas para Os Teixugos na XIII Taça Ibérica de Cerveira

Máis de cen deportistas déronse cita nas augas do río Coura, nesta primeira proba da tempada 2023.

Máis de cen deportistas déronse cita nas augas do río Coura, nesta primeira proba da tempada 2023.

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Febrero de 2023

Fuente: Rosa Fernández Carrera

Na localidade de Covas, en Vilanova de Cerveira, celebrouse esta fin de semana a  décimo terceira edición da Taça Ibérica de Slálom. Máis de cen deportistas déronse cita nas augas do río Coura, nesta primeira proba da tempada 2023. Disputaron as provas deportistas galegos, portugueses e do Centro de Alto Rendemento de León.

O Club Deportivo Miño, organizador do evento, acudiu con tan so cinco deportistas, un equipo minguado, pero que non foi impedimento para subir ao podio.

Alba Soutelo, estreouse na categoría sénior ou absoluta, participando tanto en C1 como en K1, resultando gañadora nas dúas. Impresionante  Alba nesta proba con estas dúas medallas de ouro.

Laura Alonso, tamén en K1 sénior, tivo unha moi boa participación, acadando a medalla de prata, ao rematar co segundo mellor tempo de finais.

Na mesma categoría Ainhoa Barreiro quedou quinta. Adrián Lluch , en K1 júnior, rematou a proba no noveno lugar. Emilio Rodríguez, en K1 sénior, finalizou décimo noveno.

Na clasificación final por equipos os Teixugos acadaron o sétimo lugar, lonxe do podio, pero un resultado esperado cun equipo tan reducido.

A próxima cita será nas augas do Tea, en Mondariz, onde se disputará a 1ª Copa de España de Slálom.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí