Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tres proxeccións ao aire libre no cine de verán do Rosal

A actividade arrancará esta semana coas proxeccións de ?Vilamor- na Alameda de San Miguel o xoves 23 de xullo e -O que arde- na Praza do Calvario o venres 24. Ás 22.00 h

A actividade arrancará esta semana coas proxeccións de ?Vilamor- na Alameda de San Miguel o xoves 23 de xullo e -O que arde- na Praza do Calvario o venres 24. Ás 22.00 h

Fecha: 22 de Julio de 2020

Fuente: Concello do Rosal

O cine ao aire libre chega esta semana ao Rosal para continuar coa programación de verán. O programa inclúe a proxección de tres filmes que se farán en distintos do municipio co obxectivo de levar as actividades aos distintos barrios e achegar a oferta cultural a toda a veciñanza.

O cine arrancará este xoves 23 de xullo coa proxección da película ‘Vilamor' na Alameda de San Miguel ás 22.00 h. Trátase dunha película dirixida polo galego Ignacio Villar ambientada nos anos 70 e que conta a historia de Breixo, un mozo altruísta e con boas intencións cara a todo o mundo que coñece aos habitantes dunha comuna que chegou á contorna da súa aldea. O rapaz, cunha familia moi tradicional, vese atraído axiña polo modo de vida dos membros desa comunidade, que buscan revivir a vila perdida de Vilamor, pero Breixo descobre que é moi difícil casar a súa educación e crianza con ese novo mundo.

A seguinte cita será o venres 24 de xullo (22.00 h) na Praza do Calvario, onde se proxectará ‘O que arde', un filme de 2019 de Oliver Laxe. Un drama que conta parte da vida do rural coa historia de Amador, un home que tras cumprir condena por provocar un incendio regresa á súa casa, unha aldea perdida de Lugo, onde volverá vivir ao ritmo tranquilo da natureza xunto á súa nai, o seu can e as súas tres vacas.

A última proxección será xa o xoves 6 de agosto (22.00 h) no campo de balonmán de Novás. O ciclo de verán pecharase co filme ‘Do revés (Inside Out), unha película de animación que se desenvolve na mente dunha nena, Riley Anderson, onde cinco emocións (Alegría, Tristeza, Temor/Medo, Furia/Ira e Desagrado/Asco) buscan guiala día a día na súa vida cotiá.

Nestas actividades haberá aforo limitado, establecerase unha entrada e saída diferenciadas do recinto no que se celebre, colocaranse cadeiras para o público separadas pola distancia de seguridade establecida polas autoridades sanitarias, desinfectaranse as cadeiras antes de cada evento e colocarase xel hidroalcohólico na entrada.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones