Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tres Teixugos no Campionato de España -jóvenes promesas- de Slálom

O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu con tan so tres deportistas, os tres de categoría cadete masculino.

O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu con tan so tres deportistas, os tres de categoría cadete masculino.

Etiquetas del contenido

Fecha: 31 de Agosto de 2021

Fuente: Rosa Carrera

Esta fin de semana celebrouse en Sabero, León,  o Campionato de España “Jóvenes Promesas” de Slálom, no que só participan deportistas das categorías cadete e infantil. No sábado tiveron lugar as clasificatorias, dúas mangas, das que se colle a que teña mellor tempo. O domingo foron as finais, os dez primeiros deportistas de cada categoría pasaron a disputar a final A, e os restantes a final B, pois a función principal de esta Liga e potenciar e promocionar o slálom entre os máis novos.

O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu con tan so tres deportistas, os tres de categoría cadete masculino.

Adrián Lluch participou en C1 e K1. En C1 na primeira clasificatoria rematou décimo sétimo e na segunda décimo sexto, pasando, por tanto, á final B onde foi sétimo. En K1, categoría moito máis numerosa, rematou vixésimo quinto nas dúas mangas, e na final B, remontou uns postos e acabou décimo terceiro.

Mateo Rivas participou en K1, na primeira manga ocupou o vixésimo lugar e na segunda o décimo noveno. Na final B do domingo foi décimo.

Antón  Fernández, tamén en K1, nas mangas clasificatorias rematou trixésimo terceiro e trixésimo oitavo. Na final B rematou décimo quinto.

Tamén se celebrou o campionato por federacións autonómicas de patrullas. Os Teixugos  fixeron unha única patrulla en k1 cadete. Mateo, Adrián e Antón remataron en décimo lugar.

Un bo papel o feito polos deportistas do Deportivo Miño, pois aínda son cadetes de primeiro ano, e un ano no slálom supón moita diferenza.

Resaltar que na clasificación final por equipos a federación galega ocupou o terceiro lugar, por detrás das federacións vasca e catalá.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí