Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle a quinta edición do International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM) 2017

IKFEM 2017 celebrará su 5ª edición del 21 al 25 de julio en la Eurociudad Tui - Valença

IKFEM 2017 celebrará su 5ª edición del 21 al 25 de julio en la Eurociudad Tui - Valença

Fecha: 22 de Julio de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, asegurou hoxe que o International Keyboard Festival & Masterclass (IKFEM) 2017, que este ano cumpre o seu quinto aniversario na Eurocidade Tui-Valença é xa "un festival de referencia nas dúas beiras do Miño". O nacionalista explicou que esta cita, que permite fomentar a través da música e do patrimonio inmaterial a colaboración transfronteiriza entre o Sur da provincia e o Norte de Portugal, recibirá unha subvención provincial de máis de 11.200 euros ao abeiro do Ano do Patrimonio.

Leal lembrou a Deputación de Pontevedra está a traballar no desenvolvemento e potenciación dos nexos culturais comúns entre Galiza e Portugal mediante a creación dunha nova Asociación Europea de Cooperación Transfronteiriza (AECT) que leva o nome de Rio Minho e que está en fase de aprobación, o que concorda plenamente coa liña de traballo da Eurocidade Tui-Valença, neste caso, coa celebración dun festival.

Segundo a propia organización explicou hoxe na presentación oficial, o IKFEM quere celebrar o seu quinto aniversario cun evento único que simboliza os seus valores principais: a unión da cultura galego e portuguesa a través da música e a exaltación do patrimonio histórico do seu territorio nas ciudades fronteirizas de Tui e Valença do Minho. Para iso escolleuse o espazo "singular" da ponte internacional que une ás dúas culturas cun programa musical que o primeiro dos cinco días do evento (21 de xullo) durará tres horas e terá lugar en dous escenarios dentro da propia ponte.

Comezarán a xornada inaugural os artistas tudenses pop-indie-folk de Best Boy nun escenario e, a continuación, pasarase a outro- coincidindo coa posta de sol- con dous pianos de cola interpretados de xeito improvisado por Abe Rabade e Javier Otero. Finalizarase o evento coa participación de dez pianos simultáneos tocados por músicos de ambos lados da fronteira, a grade maioría artistas e profesores do festival IKFEM. A xornada, que tamén contará con 'foodtrucks' e animación para crianzas, estará acompañada dun espectáculo de luz dende finais da tarde ata entrada a noite.


O certame está concibido como unha ponte de culturas, historias e músicas e propón un encontro internacional no que se dan cita artistas de todo o mundo nas Rías Baixas coa familia dos instrumentos de teclado como nexo de unión. Respecto da súa programación, nesta edición o certame segue abríndose a artistas de todo o planeta, e os concertos -todos de balde e de acceso aberto ata completar aforamento- contarán coa presenza de Ignacio Prego e a súa ensemble Tento Nuovo, o órgano de João Vaz, o concerto didáctico e para toda familia de Emilio Villalba e Sara Mariñ, entre outros. Ademais destas persoas, confirmouse a presenza en Tui-Valença de Graciela Rodríguez e Daniel Pereira -que interpretarán "Cancións para Sempre"- e de Miguel Campinho, que foi recoñecido con varios premios en concursos internacionais.

Formación cunha grande nómina docente
O apartado formativo é outro dos grandes eixos do International Keyboard Festival & Masterclass da Eurocidade Tui-Valença, cun formato pensado tanto para músicos profesionais como para aqueles que desexan iniciarse e unha oferta de clases de piano clásico, órgano,clave, piano jazz e -como novidades este ano-, piano repertorista para canto e piano barroco.

Destaca ademais neste sentido a nómina docente do certame, integrada por profesoras e profesores entre os que se atopan veteranos como Abe Rábade (piano jazz, Santiago de Compostela), Daniel Pereira (piano, O Carballiño), Marisol Mendive (órgano, Bilbao) e Andrea González, pianista e directora de IKFEM. Por primeira vez, estarán en Tui-Valença Carlos César Rodríguez (piano, Venezuela), João Vaz (órgano, Lisboa), Miguel Campinho (piano repertorista, Portugal) ou Ignacio Prego (clavenecista, Madrid). Ata o momento, máis de 80 alumnas e alumnos de nove países participaron nestas sesións formativas.


O deputado Xosé Leal explicou que a axuda provincial para o IKFEM 2017, que se aprobará este venres en Xunta de Goberno, ascende a 11.224 euros e está incluída na liña de subvencións da Deputación dentro do Ano do Patrimonio a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de festivais musicais e de artes escénicas na provincia de Pontevedra ano 2017 (cunha contía total de 120.000 euros). O obxectivo destas axudas é colaborar nos certames que dediquen unha especial atención á programación e difusión da música galega e que se levaran a cabo, como mínimo, en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos.

PROGRAMACION



VIERNES 21 JULIO
Lugar: Puente Internacional - Valença y Tui
20:30h INAUGURACIÓN
21:00h BEST BOY
Pop-indie-folk
22:00h ABE RÁBADE & JAVIER OTERO
Dos visiones a dos pianos
22:45h 10 PIANOS SIMULTÁNEOS

SÁBADO 22 JULIO
Lugar: Praça da República (Fortaleza) - Valença
12:00h TECLISTAS DE LA EUROCIUDAD
Alumnos del conservatorio de Valença y Tui
13:00h MIGUEL CAMPINHO
Viana da Mota y Óscar da Silva: luces y sombras del piano portugués en el S. XX
17:00h EMILIO VILLALBA & SARA MARINA
Concierto en familia: Amadís y el tesoro de la música
18:15h TALENTOS IKFEM
Piano, lírico y jazz
23:00h GRACIELA RODRÍGUEZ & DANIEL PEREIRA
Canciones para siempre

DOMINGO 23 JULIO
Lugar: Praça da República (Fortaleza) - Valença
12:00h TECLISTAS DE LA EUROCIUDAD
Alumnos del conservatorio de Valença y Tui
13:00h EMILIO VILLALBA & SARA MARINA
Máchina Antiqua: música, arte e inventos medievales
17:00h EMILIO VILLALBA & SARA MARINA
Concierto en familia: Amadís y el tesoro de la música
18:15h TALENTOS IKFEM
Piano, lírico y jazz
Lugar: Catedral - Tui
22:00h JOÃO VAZ
Tres siglos de música portuguesa para órgano

LUNES 24 JULIO
Lugar: Iglesia de Santo Domingo - Tui
22:00 h IGNACIO PREGO
Noche barroca con Tiento Nuovo

MARTES 25 JULIO
Lugar: Iglesia de Santo Domingo - Tui
22:00 h CARLOS CÉSAR RODRÍGUEZ
Recital Ibero-americano
 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones