Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui acolle esta fin de semana a Final Four de ascenso a Primeira Autonómica de Balonmán

O Balonmán Tui será o anfitrión e buscará subir de categoría

O Balonmán Tui será o anfitrión e buscará subir de categoría

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Tui

O novo pavillón deportivo de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Balonmán na que os equipos senior masculino do club Balonmán Tui, o BM Lucus parrillada Abel, o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela buscarán o ascenso a Primeira Autonómica.   

Este xoves presentouse a proba na casa do concello por parte do concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, a  deputada de Medio Ambiente, Iria Lamas, o vicepresidente e a presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera e Laura Solla, o presidente e vicepresidente do Club Balonmán Tui, Pablo Rodríguez e Manuel Pons e o capitán do equipo sénior masculino, Pablo Domínguez.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, deixou constancia na presentación do compromiso e apoio do Concello de Tui co deporte. Agradecía o edil  que esta Final Four se poida celebrar en Tui, e convidaba a acudir ao pavillón esta fin de semana. Desexaba sorte ao Balonmán Tui para lograr o ascenso de categoría.

Laura Solla, presidenta do Comité de Apelación da Federación Galega de Balonmán, explicaba que a Final Four é un formato que vén para quedarse polos bos resultados que está obtendo, xa que  “lle da moito interese a competición, deixa a emoción até o final e sobre todo crea entre todos os xogadores que participan nela uns vínculos importantes e  capacidade de asumir un tipo de competición diferente, con convivencia e cuns valores que fomentan cousas novas”. Tamén destacou o papel dos clubs, das administracións e da federación facilitando o regreso do balonmán e do deporte en pandemia, porque o “traballo deixou patente que o deporte non é nunca o problema, senón unha parte da solución e da saúde dos rapaces tanto física coma mental”

O presidente do Balonmán Tui, Pablo Rodríguez, agradeceu ás administracións e en especial ao concello o seu compromiso e aposta por traer esta Final Four para Tui, así coma á Federación Galega polo apoio brindando aos clubs.   Destacaba coma chegar a esta loita polo ascenso ten moito mérito e valor tras un ano moi difícil.  Salientaba que esta fin de semana vai ser a festa do balonmán en Tui.

Pola súa parte a deputada Iria Lamas destacaba o apoio da Deputación ao deporte. Agradecía aos clubs todo o esforzo realizado neste ano de pandemia. Tamén indicaba, que máis aló do ámbito deportivo, esta competición permitirá dar a coñecer Tui, salientando as repercusións positivas no turismo e na dinamización económica.   

A cita será no novo pavillón municipal que acollerá o sábado ás 18 h a primeira semifinal entre o Balonmán Tui e o BM Lucus Parrillada Abel, e ás 20.15 h a segunda semifinal entre o Balonmán Línea 21 e o Balonmán Chapela.

O domingo ás 12 h xogaranse o 3º e 4º posto, e a final será o domingo ás 17 h.

O público poderá asistir reservando a súa entrada de forma gratuíta a través de www.cluber.es. No pavillón contarase con todas as medidas de seguridade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí