Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto infantil masculino na que o CB Tui busca a clasificación ao Campionato de España

O Club Baloncesto Tui busca nesta Final Four ser un dos tres equipos que representará a Galicia no Campionato de España de Clubes.

O Club Baloncesto Tui busca nesta Final Four ser un dos tres equipos que representará a Galicia no Campionato de España de Clubes.

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Tui

O Vello Pavillón de Tui acolle esta fin de semana a Final Four de Baloncesto na que o equipo infantil masculino do Club Baloncesto Tui disputará mañá sábado, a clasificación para o Campionato de España que se celebrará en Betanzos.

A competición foi presentada esta mañá na casa do concello polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Rafael Estévez, o responsable da área de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, José Luís Pérez, e o presidente e director deportivo do CB Tui, Nicolás Lorenzo e Javier Niño.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indicaba que “o baloncesto é para Tui unha sinal de identidade e a celebración desta Final Four será un momento importante e feliz para esta cidade”. Por outra parte, o rexedor felicitaba a Nicolás Lorenzo por asumir de novo a presidencia do Club Baloncesto Tui e reiteraba o seu agradecemento a Federación Galega de Baloncesto por elexir Tui  para a disputa deste evento. Salientaba tamén o compromiso do Concello de Tui co Baloncesto lembrando a recente remodelación do Novo Pavillón e salientaba que nos vindeiros meses o Vello Pavillón remodelarase por completo.

O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, felicitou ao equipo infantil por esta clasificación para disputar a Final Four ao Campionato de España e reafirmábase “no compromiso do concello co deporte, aumentando a partida destinada, nos orzamentos aprobados onte, a subvención para clubes de 97.500 a 119.000 euros”. 

O presidente do Club Baloncesto Tui, Nicolás Lorenzo, recoñecía a “intensa labor do concello no mantemento das instalacións deportivas” e explicaba que o CB Tui nesta final a catro e sendo o campión da liga regular,  é o principal favorito.  Lembraba tamén que “o CB Tui en deporte base é un dos equipos principais a nivel galego, enfrontándose e competindo ao mesmo nivel con equipos máis grandes e con maior presuposto e recursos”.

Por último, o responsable da área de Vigo da Federación Galega de Baloncesto, destacaba a sintonía da federación coa nova directiva do CB Tui e recoñecía “a importante historia desta cidade como sede de campionatos de Baloncesto”. Felicitaba tamén o equipo tudense polos seus éxitos xa que tamén o equipo de segunda división xoga esta fin de semana en Ourense outra Final Four na que busca o ascenso a primeira división e o título de Campión Autonómico.    

O sábado ás 12:30 h no Vello Pavillón de Tui o Club Baloncesto Tui, como primeiro clasificado, busca unha das tres plazas en xogo fronte ao Aringal Basket Ferrol. Antes, ás 10:30 h, xogarase a outra semifinal entre o Papelya! Seis do Nadal e o Instituto Rosalía. A final celebrarase ás 19:30 h entre os gañadores das semifinais e, previamente ás 17:30, o partido polo terceiro e cuarto posto. O encontro final retransmitirase a través de Fegaba Tv, a canle de Youtube da Federación Galega de Baloncesto.

Cumprindo as medidas de prevención sanitaria da Xunta de Galicia, o aforo do pavillón estará reducido ao 30% da súa capacidade. Pódese reservar unha praza para asistir aos encontros por Whatsapp nos teléfonos 634 61 60 76 ou 696 48 22 49.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí