Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acolle esta fin de semana o Festival Arraianos

O Festival Arraianos nace coa idea de fomentar a cultura, o turismo, a historia e polo tanto, a vida da cidade de Tui.

O Festival Arraianos nace coa idea de fomentar a cultura, o turismo, a historia e polo tanto, a vida da cidade de Tui.

Fecha: 01 de Septiembre de 2018

Fuente: Festival Arraianos

O Festival Arraianos nace coa idea de fomentar a cultura, o turismo, a historia e polo tanto, a vida da cidade de Tui. Preténdese crear unha festa única cunha viculación sen precedentes ás raíces da mamoria arraiana. Un evento que dende o primeiro ano tratou de situarse entre os máis representativos da comunidade autónoma galega. Un evento feito para Tui cun carácter moi persoal.

Foi deseñado a partires do traballo fin de máster da USC de Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte da tudense Andrea Costa Amorín. O traballo modificado foi presentado ao Concello de Tui para a realización do Festival, e dende o primeiro ano logrou o apoio de toda a corporación municipal.

O Festival Arraianos foi creado baixo unha historia que fará de fío condutor de todo o desenvolvemento do evento.

Esta historia comeza cando unha científica tola constrúe unha máquina do tempo, pero por unha serie de erros, o aparato se descontrola e crea un desfase temporal en Tui, deixando as súas rúas e recunchos atrapados na Idade Media. A científica tratará inmediatamente de arranxar isto. Namentres, os cidadáns poderán desfrutar de este erro tódolos anos xa que a máquina estará nun bucle sen retorno, no cal a científica tentará arranxar o mesmo erro unha e outra vez.

Durante estes días, terás a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio desta cidade grazas ás actividades e espectáculos cun matiz propio da época. As caracterizacións, aínda que non obrigatorias, son recomendables, pois conseguirán mergullarte de cheo no Festival Arraianos.

MEDIEVAL ZOMBIE

O Festival Arraianos creou unha rede de actividades xa sexan lúdicas, didácticas, deportivas ou gastronómicas. Alguhas conseguen combinarse para dar lugar a algo todavía mais singular.

É o caso da experiencia Zombie Medieval, que sen dúbida é unha das actividades que máis xente atrae a noite do sábado. Organizada pola WRG, o survival consiste nunha gymkana que reproduce unha apocalipse zombie no Tui medieval. Recréase a historia da Inquisición mentras cobran vida lendas que quizais tiñamos esquecidas. Adéntrate neste xogo de rol activo e tenta sobrevivir á esta longa noite.

VISITAS TEATRALIZADAS

Arraianos é un festival adicado á revalorizar o patrimonio e a historia de Tui, polo que existen actividades didácticas de diverso tipo, pero todas elas cun elevado valor educacional.

As visitas teatralizadas desarrolan unha función moi importante neste apartado pedagóxico. Vos amosarán Tui dende unha perspectiva moi animada, onde variopintas persoaxes levaranvos a outra época e interactuarán con vós para que descubrades a importancia, case descoñecida para moitos, da nosa cidade

RUTA DOS PETISCOS MEDIEVAIS

Cando no Festival Arraianos combinamos historia e gastronomía creamos a nosa propia ruta do petisco, unha das rutas gastronómicas máis chamativas de Tui. Algúns dos establecementos da localidade crearán un petisco típico medieval, co cal tentarán conquistar os vosos paladares para gañar o trofeo anual. Os ingredientes, o sabor, a presentación e a historia que aporten sobre o aperitivo serán os catro valores que tedes que ter en conta para votar ó mellor petisco medieval. Só vos poderedes facer que algún deles sexa o gañador.

Á CONQUISTA DO MIÑO

Non hai que esquecer que Tui non só conta cun rico patrimonio cultural e artístico, se non que temos á vosa disposición un patrimonio natural inmellorable. O noso traballo é amosalo, e grazas á Conquista do Miño, poderedes desfrutar da maxestuosidade do noso río.

Esta actividade deportiva consiste nunha carreira en kaiaks na que os participantes terán que facer un breve pero intenso traxecto. Deberán presentarse caracterizados de personaxes históricos reais ou ficticios sempre que estean baseados na época medieval. Sabemos que a vosa imaxinación non ten límite.

CEAS DE TABERNA

As "Ceas de Taberna" do Festival Arraianos combinan receitas da época Medieval, dende os seus inicios, con propostas gatronómicas das Recetas de Poniente. O que pretendemos é crear menús diferentes, deseñados para aqueles que queiran desfrutar de receitas medievais de sempre pero tamén para ós que lles guste a diversidade da gastronomía das Recetas de Poniente. Menús pensados tanto para os afeccionados á lectura fantástica como para os máis tradicionais, acompañados sempre de espectáculos e animación privados.

MERCADO ARRAIANOS

O mercado medieval é un imprescindible do Festival Arraianos. Este mercado aproveita as rúas vellas de Tui para distribuirse ó longo delas, acadando así, un auténtico ambiente de recreación.

Ademais, contamos cun amplo número de artesáns que ofrecen diferentes produtos, dende gastronómicos ata pezas de xoiaría, pasando por tecidos, cerámica, madeira, etc.

Pasarúas a cargo de pintorescos grupos de animación e actividades para os mais cativos, conseguen converter as rúas de Tui nun lugar máxico.

CONFERENCIAS

A conferencia é outra das actividades que desenvolven esa parte didáctica e de valor pedagóxico por antonomasia dentro do festival Arraianos. Esta actividade varía de época cada ano, para que poidades coñecer a nosa cidade dende os seus inicios ata agora.

As conferencias crean a parte máis formativa do Festival. Dende o primeiro ano, contamos coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. A doutora Marta Cendón, profesora de Historia da Arte de dita universidade, acompáñanos dende os nosos inicios como conferenciante principal.

Contamos con outros invitados nas nosas filas, como foi Juan M. Monterroso, tamén profesor de Historia da Arte da USC ou o tudense Suso Vila.

VODA MEDIEVAL

Na edición do 2016 contamos co casamento medieval dunha parella que confiou en nós para organizar a súa voda. O xa matrimonio onubense celebrou a súa festa desta meneira tan orixinal xunto coa súa familia e amigos desfrutando dunha das ceremonias máis bonitas vividas nas escadas da impoñente catedral de Tui.

Esta exclusiva actividade está a disposición de toda aquela parella que queira recrear a súa celebración de maneira medieval.

CARACTERIZACIÓN MEDIEVAL TUDENSE

Dende que comezou o Festival, tentamos involucrar tanto á cidadanía tudense coma ás empresas locais.

Un exemplo é este concurso de Caracterización Medieval no que os locais Tudenses participan dentro do Festival Arraianos facendo un despliegue de orixinalidade na sua vestimenta ou na adaptación do seu local.

O Trofeo de Caracterización será exposto con orgullo polo local gañador o resto do ano.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones