Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui acollerá unha mostra sobre o Camiño de Santiago promovida entre a Xunta e a Real Academia Galega de Belas Artes

O acordo afonda no obxectivo de descentralizar a celebración do Ano Santo xa que as dúas actividades rotarán polas sete cidades galegas e as vilas de Melide, Vilagarcía de Arousa e Tui

O acordo afonda no obxectivo de descentralizar a celebración do Ano Santo xa que as dúas actividades rotarán polas sete cidades galegas e as vilas de Melide, Vilagarcía de Arousa e Tui

Fecha: 27 de Junio de 2020

Fuente: Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), Manuel Quintana Martelo, asinaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá afondar no vínculo entre a cultura e o Camiño de Santiago. Deste xeito, ambas institucións traballarán xuntas na creación de dous proxectos que levarán o legado xacobeo polas sete cidades galegas a partir do próximo mes de xullo. Os proxectos tamén chegarán ás vilas de Melide, Vilagarcía de Arousa e Tui afondando no obxectivo do Goberno galego de descentralizar a celebración do Ano Santo facendo partícipe a toda a cidadanía galega.

Durante o acto de sinatura, o titular de Cultura e Turismo salientou que se trata dun acordo que pon de manifesto a vontade da Administración autonómica para colaborar na reactivación e desenvolvemento dunha programación cultural de calidade. "O Xacobeo 2021 debe funcionar como un elemento de dimensión internacional que nos permita avanzar nunha recuperación transversal da nosa cultura e doutros sectores económicos fundamentais como o turismo", precisou . Neste sentido, engadiu, agora é "máis importante que nunca" afianzar o vínculo entre a cultura e o Ano Santo buscando a colaboración con entidades como a Real Academia Galega de Belas Artes.

Concretamente, ao amparo deste protocolo impulsaranse dous proxectos que reflicten a importancia do legado xacobeo para a sociedade galega e que permitirán consolidar a imaxe de Galicia a través da súa cultura. Trátase dun ciclo de conferencias e debates que estarán relacionadas co patrimonio e a cultura da nosa terra e dunha mostra itinerante que incluirá obras dunha ducia de artistas que farán a súa propia interpretación do Camiño de Santiago.

Descentralización do Xacobeo 2021
Ambos proxectos afondan no obxectivo da Xunta de Galicia de descentralizar a celebración do vindeiro Xacobeo, xa que se levarán a cabo nas sete cidades galegas e nas vilas de Melide, Vilagarcía de Arousa e Tui, polas que pasa o Camiño de Santiago. Así, Román Rodríguez destacou que neste escenario de incerteza é importante conseguir que o Xacobeo 2021 sexa "máis descentralizado que nunca para que se faga sentir en toda Galicia".

Por último, o conselleiro de Cultura e Turismo recoñeceu que o actual é un momento especialmente duro para todos os profesionais do sector cultural, pero se mostrou confiado de que "traballando xuntos e sumando forzas conseguiremos pasar por isto e iniciar os primeiros pasos cara a recuperación". Nesta liña, destacou que a cultura é un ámbito fundamental para a economía da nosa Comunidade, xa que supón case o 3% do noso Produto Interior Bruto e xera preto de 35.000 postos de traballo.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones