Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A XX FEIRA DE ARTESANÍA CON MÁIS DE 80 POSTOS

Distribuiranse nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e de San Fernando. Abrirá sábado e domingo de 12 a 22h.

Distribuiranse nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e de San Fernando. Abrirá sábado e domingo de 12 a 22h.

Fecha: 30 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tui

O conxunto histórico de Tui acolle esta fin de semana a XX Feira de Artesanía organizada pola concellería de Turismo do Concello de Tui co obxectivo de promover e difundir a actividade artesá e a restauración, así coma para apoiar a comercialización dos seus produtos. Tamén se persegue a dinamización do conxunto histórico de Tui, do centro comercial aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.

A feira será inaugurada este sábado, 30 de abril, ás 12h e poderá visitarse tanto o sábado coma o domingo, 1 de maio, de 12 a 22h. Na mesma van participar máis de 80 postos que se distribuirán polas rúas Ordóñez e Seixas e polas prazas do Concello e de San Fernando. Tamén se contará coa presenza da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui.

Na rúa Ordóñez instalaranse os 36 artesáns con carta de artesáns inscritos, na Praza do Concello haberá antigüidades, e tanto na rúa Seixas coma na Praza de San Fernando estarán os postos de artesáns tanto de Tui coma de toda Galicia. A feira ten carácter solidario polo que cada participante, no momento da montaxe do posto, deberá facer entrega de 10 quilos de alimentos que serán doados a SOS Tomiño-Baixo Miño.

Todo o entorno da feira será decorado para a ocasión. Haberá artesáns traballando en vivo e na Oficina de Turismo, na Praza de San Fernando, poderase visitar unha exposición de fotografías antigas de artesáns tudenses. Non faltará a animación musical cos grupos Santa Columba de Ribadelouro, Seixos Albos de Areas, Refaixos e Polainas de Baldráns, as pandereteiras As D'Abadía da Asociación A Insua de Caldelas, e Lembranzas da Terra de Guillarei que actuará o sábado, e San Xoán de Paramos, Inquedanzas de Pazos de Reis, O Mosteiro de Pexegueiro, Xuntanza de Randufe e San Fins de Rebordáns que o farán o domingo. Os nenos poderán disfrutar de inchables gratuítos durante a fin de semana, e amais o domingo a partir das 17h haberá animación infantil con En un Tris Tras.

Programa XX Feira de Artesanía
- Máis de 80 postos nas rúas Ordóñez e Seixas e nas prazas do Concello e San Fernando
- Sábado 30 e domingo 1 de 12 a 22h
- Sábado 30.
o Ás 12h inauguración
o Ás 12.00h Grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
o Ás 13.00h Grupo folclórico Seixos Albos de Areas
o Ás 17.00h Grupo folclórico Refaixos e Polainas de Baldráns
o Ás 18.30h Grupo de pandereteiras As D'Abadía da Asociación A Insua de Caldelas
o Ás 20.00h Banda de gaitas Lembranzas da Terra de Guillarei
- Domingo 1
o Ás 12.00h grupo folclórico San Xoán de Paramos
o Ás 13.00h grupo folclórico Inquedanzas de Pazos de Reis
o Ás 17.00h grupo folclórico O Mosteiro de Pexegueiro
o ÁS 17.00h animación infantil con En un Tris Tras
o Ás 18.30h grupo folclórico Xuntanza de Randufe
o Ás 20.00h grupo folclórico San Fins de Rebordáns
- Na Oficina de Turismo exposición de fotografías antigas de oficios artesáns
- Organiza: Concellería de Turismo do Concello de Tui
- Colaboran: Asociación de Palilleiras do Baixo Miño e Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones