Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

TUI CELEBRA ESTE DOMINGO 14 O ENTERRO DO BACALLAU E O DOMINGO 21 O DESFILE-CONCURSO DE ENTROIDO

Tui vai celebrar este domingo, 14 de febreiro, o Enterro do Bacallau, e o domingo 21 o desfile concurso de Entroido.

Tui vai celebrar este domingo, 14 de febreiro, o Enterro do Bacallau, e o domingo 21 o desfile concurso de Entroido.

Fecha: 12 de Febrero de 2016

Fuente: Concello de Tui

Así foi acordado este mediodía polo equipo de goberno logo de que o martes á noite non se chegara a un consenso na reunión mantida coas comparsas. Por unha banda mantense a celebración do Enterro do Bacallau tal e coma estaba previsto para este domingo día 14. Sairá ás 19.30h dende a Praza de San Fernando para percorrer a rúa Seixas, Porta da Pía, Ordóñez, e Paseo da Corredoira con parada no Cantón de Diómedes para dar lectura ao testamento, que este ano correrá a cargo das actrices Areta Bolado e Noelia Castro da Panadaría Teatro. Para portar ao bacallau convídase á comparsa gañadora de 2015 e para o acompañamento musical ao gañador tamén do ano pasado. A comitiva continuará pola praza da Inmaculada, Augusto González Besada, e enlace coa rúa Ourense ata o aparcamento municipal onde se procederá á incineración do Bacallau.

Debido á celebración do Enterro do Bacallau este domingo permanecerá pechado o aparcamento municipal dende ás dez da mañá ata ás dez da noite. Amais non se poderá estacionar nin na rúa Seixas nin no Paseo da Corredoira dende ás 14h.

O desfile-concurso de Entroido, aprazado o pasado luns pola choiva, celebrarase o domingo 21 xa que aínda que nas bases do Entroido figuraba coma data alternativa este sábado 13, as malas condicións previstas novamente para este sábado motivaron a decisión de adialo unha semana ata o domingo 21 ás 17h no circuíto establecido polas rúas novas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones