Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra este domingo o Desfile-Concurso de Entroido coa participación de 10 comparsas e máis de 800 persoas

Comezará ás 17h no circuíto establecido polas rúas novas. Ao remate actuará a orquestra Nevada

Comezará ás 17h no circuíto establecido polas rúas novas. Ao remate actuará a orquestra Nevada

Fecha: 11 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tui

Tui celebrará este domingo, 12 de marzo, o XXX Desfile-Concurso de Entroido que foi aprazado o pasado 27 de febreiro, pola previsión de choiva. Participarán 10 comparsas de Tui, Tomiño, Salceda, Nigrán, Marín e Vigo sumando máis de 800 persoas desfilando acompañadas de 15 carrozas.

O desfile comezará ás 17h no circuíto establecido polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, sen poder realizar paradas durante o percorrido. Mentres o xurado delibera e ao remate da entrega de premios e ata ás 22h actuará a orquestra Nevada no cruzamento entre as rúas Lugo e Ourense.






Serán dúas as comparsas de fantasía que participen: "Fantasía Volcánica de Parada" de Nigrán "Os da Caña" de Marín, levando esta última música en directo. Tamén participarán con acompañamento musical tres comparsas tudenses "Pokemons en Pexegueiro" da Asociación O Mosteiro de Pexegueiro, "Lembranzas Sevillanas" da Asociación Lembranzas da Terra de Guillarei e "Cantos Somos, apertura sen expropiación" de Cantos Somos. Por último sen acompañamento musical estarán "Luces, 50 sombras más ocuras" da comparsas Luces de Tomiño, "Tump-Palladas en Tui" da Asociación Cultural Arume de Malvas, "Os vikingos da Picoña" da Asociación Cultural En Loureiro de Salceda, "Cleopatra cruzando o Nilo" da Sociedade Atlántida de Matamá de Vigo, e "O Borralliño de Soutelo" de Salceda.

Estas 10 comparsas competirán polos premios establecidos segundo as bases deste concurso. Así haberá unha clasificación xeral na que o xurado valorará a actualidade, vestiario, parodia, acompañamento musical e carroza, na mesma outorgaranse sete premios valorados entre 700€ e 100€. Haberá seis premios para as carrozas cun importe de entre 400€ e 150€, catro de acompañamento musical dotados con entre 300€ e 150€, por último hai un premio xeral para as comparsas de fantasía valorado en 250€. Amais todas elas recibirán un premio fixo por participar.

Restricións no tráfico

Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido este domingo ás 14h e ata ás 22h estarán pechadas ao tráfico e ao estacionamento as rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense, A Guarda e Mondoñedo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones