Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra hoxe un Pleno Ordinario

Convocar Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro xoves día 24/09/2020 de setembro ás 20:00 horas

Convocar Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro xoves día 24/09/2020 de setembro ás 20:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Septiembre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Con data 21 de setembro do 2020, o Sr. Alcalde ditou resolución do tenor literal que se indica:
“RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO


Superadas na CA de Galicia as fases previstas no denominado Plan para a Transición cara a unha nova normalidade (aprobado por acordo de Consello de Ministros do 28 de abril de 2020), e finalizada a última prórroga do estado de alarma. Considerando non obstante que iso non quere dicir que se superou a pandemia, e considerando imprescindible continuar adoptando unha serie de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación, que permitan seguir facendo fronte e controlando o virus mentres perdure a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez terminado o estado do alarma.


Considerando que a actual evolución na contención da pandemia non exime aos poderes públicos o seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á protección da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado.


Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.


Se fai notar que se realizará unha nova distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.


Polo exposto, esta Alcaldía, de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais,

RESOLVE:

PRIMEIRO.-Convocar Sesión Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro xoves día 24/09/2020 de setembro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:


ORDE DO DÍA


A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador das actas das sesións anteriores extraordinaria nº 6 de 21/07/2020 e ordinaria nº 7 de 30/07/2020.
2º.- Expediente 764/2020. Aprobación Conta Xeral correspondente ao exercicio 2019 (Expediente 764/2020). Proposta da Concelleira Delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 09/09/2020.
3º.- Ditame favorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Expediente 1693/2020. Proposta da concelleira de Facenda, de data 14/09/2020, relativa a aprobación de expediente de crédito extraordinario nº 6/2020 (modificación de créditos 28/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais e anulación de partidas de gasto corrente.
4º.- Ditame favorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Expediente 1695/2020. Proposta da concelleira de Facenda, de data 14/09/2020, relativa a aprobación de expediente de suplemento de crédito nº 2/2020 (modificación de créditos 29/2020) financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais e anulacións de partidas de gasto corrente.
5º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Expediente 1706/2020. Proposta da concelleira de Facenda, de data 14/09/2020, relativa a aprobación de expediente de suplemento de crédito nº 3/2020 (modificación de créditos 30/2020) financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
6º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Expediente 1708/2020. Proposta da concelleira de Facenda, de data 14/09/2020, relativa a aprobación de expediente de crédito extraordinario nº 7/2020 (modificación de créditos 31/2020), financiado con Remanente líquido de Tesourería para gastos xerais.
7º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Expediente 1720/2020. Proposta da concelleira de Facenda, de data 14/09/2020, relativa a aprobación de expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos nº 2/2020.
8º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020. Expediente 1583/2020., Bonificación ou exención tributaria.
9º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020. Expediente 1584/2020. Bonificación ou exención tributaria.
10º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020. Expediente 1585/2020., Bonificación ou exención tributaria.
11º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020, Expediente 1586/2020. Bonificación ou exención tributaria.
12º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020, Expediente 1587/2020. Bonificación ou exención tributaria.
13º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020, Expediente 1588/2020. Bonificación ou exención tributaria.
14º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal. Proposta da concelleira de Facenda, de data 11/09/2020, Expediente 1608/2020. Bonificación ou exención tributaria.
15º.- Ditame comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais favorable á proposta de Alcaldía, de data 03/08/2020, relativa a encomendar a xestión del servizo de "retirada de vehículos ao final da súa vida útil ou fóra de uso" á Deputación Provincial. Expediente 1398/2020. Convenios (Aprobación, Modificación ou Extinción).
16º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais favorable á proposta da Alcaldía, de data 12/08/2020, de aprobación de licitación expediente de contratación da subministración de enerxía eléctrica no Concello de Tui. Expediente 826/2020.
17º.- Expediente 1732/2020. Dictame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 17 de setembro de 2020 relativa a “Proposta de Alcaldía de data 15 de setembro de 2020 relativo á reversión do inmoble da praza da Inmaculada, edificio do Palacio de Xustiza.
18º.- Expediente 1732/2020. Dictame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 17 de setembro de 2020 relativo a “Proposta de Alcaldía de data 15 de setembro de 2020 relativa á reversión do inmoble da rúa Calvo Sotelo, 16 destinado a Xulgado nº 3.
19º.- Ditame comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais favorable á moción do BNG relativa á sinalización nas parroquias de data 16/09/2020.
20º.- Mocións de urxencia.
B) Actividade de control:
21.- Dación de conta de escrito con rexistro de entrada de 14/09/2020 nº 5789, de composición Grupo Municipal Ciudadanos e designación de portavoz e compoñentes de dito de grupo que o representen nas comisións informativas.
22º.- Dación de conta de resolucións da nº 815 do 24/07/2020 á nº 1032 DE 17/09/2020
C) Rogos e preguntas:
23º.- Rogos e preguntas.


SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.


TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso. “

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones