Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra o Día Internacional da Muller cunha ampla programación co lema -Somos e seremos Inmarcescible-

A programación reclama a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos e reivindica unha igualdade real e efectiva

A programación reclama a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos e reivindica unha igualdade real e efectiva

Fecha: 06 de Marzo de 2020

Fuente: Concello de Tui

Tui ten en marcha unha programación baixo o lema "Somos e seremos Inmarcescibles" para conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.

No mediodía deste xoves tivo lugar a presentación por parte do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e a traballadora social, Carmen González.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou na súa intervención que é a primeira vez na historia deste concello que se realiza "un programa tan extenso e responsable entorno ao 8 de marzo". Ao tempo fixo referencia ao "compromiso inequívoco" do goberno municipal coa creación da Concellería de Igualdade e co traballo que se ven desenvolvemento dende este departamento.

A concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, explicou os obxectivos da programación organizada é "por o foco nas mulleres, na súa formación, no seu autocoñecemento... pero tamén está dirixido á participación cidadá con acto reivindicativos e colaborativos cos centros educativos". E con respecto ao lema da campaña "Somos e seremos Inmarcescibles" facía fincapé no gran significado e poder la palabra "inmarcescibles", coa que se quere reclamar a visibilidade das mulleres en todos os ámbitos nos que temos presenza porque é precisamente a nosa forza a que cada 8 de marzo nos saca á rúa para reivindicar unha igualdade real e efectiva, e é a intensidade coa que traballamos o resto do ano para conseguir acabar con calquera signo de discriminación cara á muller".

O concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, manifestou que estas actividades serven para visibilizar a muller e educar en igualdade para lograr sociedades máis xustas e iguais.

O venres, 6 de marzo, ás 12h na praza do Concello terá lugar o acto institucional no que intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e no que a tudense Andrea Gonzalez, unha das Top 100 Mulleres Líderes en España, dará lectura a un manifesto, e lectura duns poemas por parte Emilia Rosende. Amais terá lugar a presentación das "Mulleres Senlleiras de Tui 2020", un proxecto para dar visibilidade a mulleres anónimas que se realiza en colaboración cos centros educativos tudenses. Precisamente estas mulleres serán logo retratadas pola artistas Gemma Marqués, e as obras conformarán unha exposición que se abrirá o 27 deste mes.

Este sábado, 7 de marzo, a proposta é dobre. Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, Baia Fernández de la Torre, artista, poeta e terapeuta da risa, ofrecerá o monólogo "En que pensan as mulleres". E ás 22 h celebrarase unha Cea Homenaxe ás Mulleres no Parador de Turismo, organizada por mulleres de Tui na que colabora o Concello de Tui.

O domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, ás 12 h celebrarase unha concentración na Praza da Inmaculada. A continuación o Club de Lectura do IES San Paio levará a cabo unha lectura de poemas, e continuación Xoana presentando o seu traballo musical "Dardos".

Ás actividades continuarán a próxima semana, o luns ás 19 h co obradoiro "Mulleres fronte ao espello" impartido pola coach Hérika Míguez e o martes ás 10 h cun almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Trátase dun evento dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. Ambas citas serán na Sala Xacobeo da Área Panorámica. Xa o venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz terá lugar o taller ioga e meditación "Equilibrio mente e corpo" a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. Nestas tres actividades é recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.

As mullleres creadoras serán as protagonistas o sábado, 21 de marzo, ao longo da mañá na actividade "Ao vivo. Elas crean", que se desenvolverá na Praza de Abastos, co obxectivo de darlle visibilidade as súas obras.

Amais a concellería de Igualdade promove o I Encontro Lider-A "Mulleres inspiradoras" a celebrar o mércores, 25 de marzo, de 9.30 h a 14 h na Aula da Uned no antigo convento de San Domingos. A derradeira actividade de "Somos e seremos Inmarcescibles" está prevista para o sábado, 28 de marzo, de 10 a 14 h na Aula da UNED cunha xornada de xénero centrada na igualdade e corresponsabilidade familiar dirixida a pais, nais, menores e adolescentes a cargo dun equipo de profesionais dirixido pola psicóloga Randall Hernández.

A programación comezou este luns coa apertura da mostra "Rompe. Xoga en Igualdade" na Sala Municipal da Área Panorámica, e o martes celebrouse a presentación do club lectura feminista "Tempo de Mulleres" que será dinamizado pola escritora María Xosé Queizán.

Amais técnicas de Servizos Sociais están a impartir nos centros educativos obradoiros de coeducación, e na biblioteca municipal expóñense distintos libros coa muller coma protagonista. A imaxe da campaña está presente nas lonas colocadas nas fachadas da casa do concello e da Área Panorámica. E se iluminará en morado a fachada da casa do concello e a fonte situada na praza da Inmaculada.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones