Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tui celebra o #SanTelmoNaCasa con propostas nas redes sociais

O cartel -Cor de Festa- de Juan Diego Ingelmo ganador do concurso convocado polo concello será a imaxe desta iniciativa

O cartel -Cor de Festa- de Juan Diego Ingelmo ganador do concurso convocado polo concello será a imaxe desta iniciativa

Fecha: 12 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

"Cor de Festa" de Juan Diego Ingelmo Benavente, de Burriana, Castellón, foi o cartel ganador do concurso convocado polo Concello de Tui para anunciar as Festas de San Telmo 2020. O xurado valorou a calidade técnica e conceptual da proposta gañadora, o seu carácter orixinal e innovador, así coma o feito de recoller no deseño os valores e significado das festas, reflectindo o carácter festivo.

As festas de San Telmo estaban previstas do 11 ao 20 deste mes de abril, pero debido ao Estado de Alarma pola crise do coronavirus foron suspendidas.

Tendo en conta o confinamento non sería factible a súa celebración na rúa, cos actos tradicionais que teñen lugar cada ano. Porén dende o Concello apóstase por facer unha "celebración" simbólica ao longo desta semana nas redes sociais, e buscando a participación da veciñanza dende as súas casas.

Nas redes sociais do Concello de Tui publicouse xa onte unha mensaxe da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, explicando que se busca que os e as tudenses aporten o seu pequeno gran de área nesta proposta facendo chegar que significan para eles as festas de San Telmo, cal é para eles a esencia destes festexos, unha lembranza, unha felicitación, un baile... Ao longo da semana iranse plantexando nas redes sociais as formas de participación sempre dende a casa.

Sonsoles Vicente explica que "o que pretendemos é que non nos sintamos sos na nosas casas, son unhas festas que non imos poder gozar na rúa, pero entre todos podemos poñe ese gran para pasar uns días diferentes nas nosas casas". Remata agardando que que "este San Telmo sexa algo anecdótico nas nosas vidas".

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sinala que "dado que as festas son unhas datas moi especiais para os veciños e veciñas de Tui pola celebración de San Telmo, e toda vez que estamos pasando por un momento moi difícil, o Concello non podía facer outra cosa que menos que lanzar esta iniciativa de celebración da festa a través das redes, toda vez que presencialmente non é posible".

O cartel deseñado por Juan Diego Ingelmo Benavente será empregado coma imaxe nesta celebración virtual.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones